AVISO Servizo de Augas 01/02/2023

Comunicamos a todos os usuarios que maña xoves, día 2 de febreiro, debido a TRABALLOS NA REDE XERAL DE ABASTECEMENTO, a zona de Barracido poderá verse afectada por baixadas de presión ou incluso algunha vivenda podería quedar sen subministro, dende o inicio das obras, previsto ás 9.00 horas, ata a finalización das mesmas. O servizo […]

O MercAres pecha oficialmente a súa terceira edición

A campaña de consumo de proximidade da Concellaría de Comercio vén de rematar no día de onte! Despois de dous meses de actividade, a iniciativa municipal para impulsar o comercio de Ares nunhas datas de relevancia, co Nadal mediante, pecha de maneira oficial. Así, durante decembro e xaneiro repartíronse 5.000 euros divididos en aproximadamente 280 […]

Ata este venres, 3 de febreiro, podes inscribirte no simposio internacional “Apuntando ao mar” que organiza a Deputación da Coruña coa colaboración dos concellos de Ares, Ferrol e Valdoviño.

Unha experiencia única para aprender sobre as defensas costeiras do territorio comarcal ao longo da historia, e tamén sobre os seus vencellos co patrimonio, a paisaxe, o medioambiente e o turismo! As inscricións, abertas a todo o público, son de balde a través da páxina web www.apuntandoaomar.com. O simposio realizarase durante as xornadas do 9, […]

Se queres obter un certificado electrónico para relacionarte coas administracións públicas, tes unha oportunidade durante o venres, 3 de febreiro, ás 11:30 horas na Alianza Aresana!

Varios funcionarios e funcionarias da Subdelegación do Goberno de España na Coruña estarán alí para resolver as túas dúbidas sobre a administración dixital, pero tamén para tramitar in situ o certificado da Fábrica Nacional de la Moneda y Timbre, o que maiores posibilidades de interación ofrece co conxunto das entidades públicas. A iniciativa é parte […]

Unhas vinte persoas súmanse ó curso gratuíto de nocións básicas dun teléfono móbil

A iniciativa formativa organizada pola Concellaría de Igualdade e Benestar arrancou esta mesma mañá na Casa da Xuventude co obxectivo de axudar ás persoas maiores de 55 anos a entender as posibilidades dun smartphone. A partir de agora, todos os mércores realizaranse sesións para aprender a utilizar aplicacións de mensaxes, xestionar fotografías e vídeos, empregar […]

Durante este sábado pasado, o casino aresano acolleu un novo Open Concello de Ares de Dominó organizado por Xabre e a Federación Galega de Dominó coa colaboración da Concellaría de Deportes!

O evento terminou co equipo de Xabre A coma gañador, seguido no segundo e terceiro postos por Forcarei e Chantada, respectivamente. Para oficializar o peche do Open de Dominó, Luis Cendán, en representación do concello aresán, entregou os galardóns polas clasificacións obtidas no torneo. Parabéns aos participantes!!

O plan “La Administración cerca de ti” chega a Ares para resolver dúbidas e facilitar a expedición do certificado dixital

O salón de actos da Alianza Aresana acollerá esta actividade programada dende a Subdelegación do Goberno de España para o próximo venres, 3 de febreiro, ás 11:30 h. Varios funcionarios informarán das posibilidades e ferramentas da administración electrónica, pero tamén achegarán a posibilidade de obter in situ un certificado electrónico para relacionarse coas entidades públicas. […]