
A Alianza Aresana recibe o ciclo “Cinema e Sociedade”, unha iniciativa organizada pola Asociación Cultural “Conxeito”, en colaboración coa área municipal de Cultura, que busca promover o debate social e a reflexión a través do cinema.
Nesta ocasión, proxectarase a película “El Chico” o vindeiro domingo 30, nunha función que contará con música en directo ao piano de Fran Rey, o










