Primeira ruta do SendAres completada!

Comparte esta nota de prensa

O pasado sábado, os 25 senderistas que se uniron á aventura organizada polo programa municipal da Concellaría de Deportes, viaxaron ata as terras de Taramundi, en Asturias.

Ao longo dunha ruta circular, exploraron un dos pobos con máis encantado da rexión asturiana, atravesando os seus bosques e admirando as fervenzas que se atopan no camiño. Ademais, tiveron a oportunidade de visitar un museo no medio da súa camiñada.

En total, percorreron aproximadamente 14 quilómetros, capturando algunhas das imaxes que che mostramos a continuación!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares contra a Violencia de Xénero

O Concello de Ares únese nestes días ás reivindicacións do sábado, 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller; unha xornada