A vista da Resolución da Deputación provincial da Coruña pola que se aproba a concesión provisional de subvencións correspondentes ao programa MA100: subvencións a concellos para limpeza de praias marítimas no ano 2023, publicada no BOP nº 11O de 12 de xuño de 2023, elabóranse as:

Bases para a provisión en réxime laboral temporal de 8 Peóns para os Servizos Municipais de Limpeza de Praias Verán 2023.

PRIMEIRA.- OBXECT0.-

0 obxecto desta convocatoria é a contratación laboral temporal de 8 PEÓNS co fin apoiar aos concellos da provincia no sostemento dos gastos da contratación dirixidos á limpeza de súas praias marítimas durante a tempada de verán.

SEGUNDA.- MODALIDADE.-

A modalidade de contratación, tendo en conta o obxecto da convocatoria será o contrato por obra ou servizo determinado, cunha duración de 2 meses(a determinar pola entidade contratante) e unha retribución mensual bruta (incluida parte proporcional das pagas extras) de

1.260 €/mes.

TERCEIRA.- SISTEMA DE SELECCIÓN.-

Nos termos do EBEP o sistema de selección, en atención ao obxecto, ao reducido prazo de contratación e á finalidade social que se lle pretende outorgar consistirá nunha baremación das circunstancias socioeconómicas aplicando os baremos establecidos no Anexo I e unha entrevista con exposición curricular.

CUARTA.- DURACIÓN DO CONTRATO EXORNADA LABORAL.-

A duración do contrato será de dous meses contados a partir da sinatura do mesmo. Os aspirantes que superen o proceso de selección, están obrigados a prestar unha xornada de 37,5 horas semanais, na medida e xeito requiridas polo interese do servizo, con horario de mañá, ou tarde, fraccionando a xornada se fose preciso, respectando os descansos semanais preceptivos.

QUINTA.- CONDICIÓN DOS ASPIRANTES.-

Para formar parte neste proceso de selección, os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos referidos todos e cada un á data en que remate o prazo de presentación de solicitudes:

  1. Ser español, ou nacional dun Estado membro da Unión Europea, estes últimos, acorde co disposto na Lei 17/1993, de 23 de
  2. Ter cumpridos 16
  3. Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións correspondentes ó pasto de traballo para o que se
  4. Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo ó Estado, ás Comunidades Autónomas ou ás Entidades Locais, nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas por sentencia

SEXTA.- PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS.-

As solicitudes para tomar parte no proceso de selección deberán facerse mediante instancia dirixida ó Sr. Alcalde, no modelo no Anexo 11, que se facilitará a tal efecto no Rexistro Xeral do Concello, e presentaranse no propio Rexistro Xeral do Concello en horario de 9 a 14 h. Xunto coa instancia deberá achegarse a documentación que de seguido se relaciona.

O prazo será de 5 días naturais.

  • Fotocopia do N.I.
  • Fotocopia da Tarxeta de Demandante de
  • Informe de Vida Laboral actualizada(non necesaria no caso de que conste a data de inscrición natarxeta de demandante de emprego).

No suposto de que non poda acreditarse a antigüidade como demandante de emprego mediante: “Fotocopia da tarxeta de demandante de emprego actualizada” e “Informe de Vida Laborar, deberá acreditarse mediante un Informe emitido pola  Oficina  do  Servizo  Público que Emprego no que figure a antigüidade do candidato como demandante de Emprego.

A apertura deste proceso de selección publicarase nun Xornal dos de maior tirada da comarca, ademais da súa publicación na páxina web do Concello de Ares.

SÉTIMA.- ADMISIÓN DE ASPIRANTES.-

Expirado o prazo de presentación de instancias, publicarase a lista de aspirantes admitidos e excluidos (neste caso con indicación das causas que motivaron a exclusión) que  se  fará pública no Taboleiro de Anuncios e na páxina web do concello.

Na mesma resolución o Alcalde determinará a composición da Comisión Seleccionadora, así como lugar, data e hora da celebración da entrevistas,  que se publicarán  tamén no Taboleiro de Anuncios e na páxina web do concello para o seu coñecemento xeral.

As persoas non admitidas disporán de dous días naturais dende a publicación da resolución para formular alegacións

OITAVA.- COMISION DE SELECCIÓN.-

A Comisión Seleccionadora será designada polo Alcalde mediante Resolución da Alcaldía.

NOVENA.- SELECCIÓN DE ASPIRANTES.-

A comisión seleccionadora, en base ás circunstancias socioeconom1cas acreditadas pala documentación aportada polo propio solicitante, a que obre en poder do propio Concello e a entrevista con exposición curricular, adxudicaralle a cada un deles a puntuación correspondente.

A cada un/unha dos/as aspirantes previamente admitidos/as e que acaden as 40 puntuacións mais altas (no caso de que supérense as 40 solicitudes), realizaráselle unha entrevista con exposición curricular cuxa puntuación se engadirá á acadada na primeira  fase e o resultado final establecerá o posta definitivo do aspirante.

DÉCIMA.- PROPOSTA DE CONTRATACIÓN.-

Conclufda a cualificación do proceso de selección, a Comisión publicará no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web municipal a relación de tódolos aspirantes coa puntuación final.

A comisión seleccionadora elevará á Alcaldía a correspondente proposta de contratación  a favor dos/as aspirantes que obtiveron a puntuación total máis alta (a Comisión  non poderá facer proposta de contratación a favor dun número de aspirantes superior ao das prazas convocadas ou propostas posteriormente).

UNDÉCIMA.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.-

Unha vez presentada a documentación á que se retire o apartado anterior, o  órgano competente da corporación procederá á contratación a favor dos/as aspirantes propostos/as pala Comisión Seleccionadora, e será nula a contratación de quen estea incurso en causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

A formalización dos contratos terá lugar dentro do prazo de cinco días naturais, a contar  dende a data de notificación do acorde de contratación. Mentres non se formalicen os respectivos contratos e non se incorporen ao posta de traballo, as/os aspirantes non terán dereito a percepción económica de ningunha clase.

DÉCIMOSEGUNDA.- NORMAS FINAIS.-

Primeira.- Para todo o non previsto nestas bases, cu aquilo que as contradigan, será de aplicación supletorio o establecido na Lei reguladora das bases de réxime local, na Lei de administración local de Galicia, Real Decreto 896/1991, Real Decreto 364/1995, e demais lexislación vixente que sexa de aplicación.

Segunda.- Todos os actos administrativos derivados desta convocatoria, así como a actuación da Comisión Seleccionadora, poderán ser impugnados polos/as interesados/as nos casos e na forma establecida pala Lei de procedemento administrativo e normas vixentes concordantes.

ANEXO 1.

CRITERIOS PARA A SELECCIÓN DE PEÓNS PARA LIMPEZA DAS PRAIAS.

  1. Persoas empadroadas no Concello de
  2. Responsabilidades familiares: cónxuxe, tillos e tillas menores de vinteséis anos e persoas maiores dependentes .
  3. Persoas pertencentes aos colectivos con maiores dificultades de inserción, en especial os definidos como preferentes nos plans nacionais e autonómicos de Acción para o emprego e/ou atoparse en risco de exclusión social, atendendo aos informes dos servizos sociais municipais ou análogos.
  4. Tempo transcorrido dende o último emprego
  5. Experiencia laboral relacionada co pasto de traballo a desenvolver.

 

BASES E SOLICITUDE DE INCLUSIÓN en pdf