Ares abre mañá o prazo de inscrición para a oitava ruta do SendAres 2023-2024

A iniciativa municipal organizará unha saída ata Mondoñedo de 17 quilómetros, explorando o val do Río Valiñadares dende o centro da vila. Será durante a xornada do domingo, 21 de abril. Desta volta, a Concellaría de Deportes presenta novidades: haberá un primeiro prazo de inscrición para os empadroados/as en Ares, dende mañá, 2 de abril […]

Inscricións abertas para o Campus do Celta en Ares

Encontro sedes-Fundacion Celta de_Vigo-2

A concelleira de Deportes, Alma Barrón, asistiu onte en Balaídos ao encontro de sedes dos Campus organizados pola Fundación Celta de Vigo, unha iniciativa lúdico-formativa da que a nosa localidade é partícipe dende os seus inicios. A visita, a maiores de actuar coma reunión institucional con representantes do club de fútbol e doutros municipios involucrados, […]

Ares acada o epicentro de Atenas no marco do proxecto europeo ‘Sporural’

2024-Sporural-Ares en Atenas-1

Representantes do Concello acudiron até Grecia e mantiveron encontros de traballo cos integrantes de CROSSKOVÁCSI Sport, de Hungría; EAS CYCLADES, do territorio heleno, e INNOdxt, asociación cultural coruñesa. Realizáronse xornadas de seguimento, codeseño e análise do realizado dentro do proxecto, mais tamén se aprobaron os seguintes pasos a dar na materialización das accións definitivas dentro […]

O CIRS de Cervás énchese polo Día Mundial do Teatro

2024-Dia Mundial do Teatro-Tarabela Creativa-2

Cunha radio xigante onde se poden ler nomes de lugares de todo o mundo, dende A Coruña até Montevideo, Bos Aires ou Nova York, e xogando constantemente coas cores sobre o escenario, Tarabela Creativa encheu na tarde de onte, 26 de marzo, o CIRS de Cervás co seu espectáculo ‘Boa sorte, mala fama’ e preto […]

Punto limpo móbil instalado en Marina do Pombal

25.03.2024-Punto limpo mobil-Marina do Pombal

O punto limpo móbil xa está á disposición da veciñanza na contorna de Marina do Pombal para que se depositen os residuos de tratamento especial: Pilas e baterías; lámpadas e tubos fluorescentes; aceites minerais e vexetais; roupa e calzado e pequenos electrodomésticos.   Contribúe ti tamén ó coidado do medioambiente!

A localidade conmemora os 120 anos da Alianza Aresana de Instrucción

Veciñanza, membros da corporación municipal e representantes das agrupacións musicais da vila de Ares puxeron onte o punto e final á programación cultural do Concello relacionada cos 120 anos da Alianza Aresana de Instrucción. No salón de actos dun edificio que se sufragou con gran parte das achegas dos integrantes desta agrupación, materializouse un evento […]

Ares completa a instalación de 40 novos paneis fotovoltaicos no depósito de Os Castros

A Concellaría de Urbanismo informou hoxe da substitución completa dos equipos fotovoltaicos no depósito de Os Castros, unha montaxe que vén de rematar recentemente e que supón contar cunha infraestrutura en enerxía sostible totalmente nova. Así, poderase cubrir canto menos o 25 % do consumo que require a prestación de servizo de abastecemento de auga, […]