I Congreso “Paisajes fortificados de Ferrolterra-Rías Altas: Investigación y puesta en valor” organizado pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol en colaboración coa Deputación da Coruña
Durante a xornada de onte, un grupo de creadores de contidos dixitais achegouse ata as baterías de Fuenteseca, Faro, Bailadora e Salgueira coma parte da súa participación no I Congreso “Paisajes fortificados de Ferrolterra-Rías Altas: Investigación y puesta en valor” organizado pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol en colaboración coa Deputación da Coruña. […]
Buscapistas, contacontos e castañas asadas para celebrar un Samaín de medo e o tradicional magosto
Ares contará dende este mércores ata o 5 de novembro con múltiples programacións culturais para que toda a familia, e sobre todo os máis pequenos, desfruten dunhas xornadas divertidas e “terroríficas”. Os buscapistas precisarán de inscrición previa na biblioteca municipal da localidade ou contactando co 981 448 057 e custarán, ao igual que o contacontos, […]
Hoxe conclúen as “Medias Mañás” no CPI As Mirandas!
Durante dez días, o alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria do centro educativo recibiu varias pezas de froita nos descansos e recreos no marco desta iniciativa que reforza as alternativas alimenticias dos menores e promove hábitos nutricionais saudables. O programa de Medias Mañás destinado ós rapaces e rapazas está impulsado pola Concellaría de Igualdade e […]
O local de ensaio de Lubre xa luce novas fachadas tras a finalización dos traballos de mellora no seu exterior
O edificio deixa atrás as fisuras, grietas e outros signos de deterioro e intégrase paisaxísticamente coa contorna na que se atopa, de marcado valor patrimonial pola presenza da igrexa románica da parroquia. O investimento realizado ascendeu a 34.422 euros, IVE incluído, co apoio económico da Consellería de Medio Ambiente, coa que xa se asinou un […]
O Concello recupera o lavadoiro de Bulleiro, na contorna de Lubre
Rematanse os traballos de rehabilitación que, ademais, permiten poñer en valor un elemento cun marcado interese etnográfico. A Concellaría de Urbanismo informa da finalización das obras no lavadoiro de Bulleiro, en Lubre, que xa amosa novo aspecto tras o proceso de rehabilitación e dignificación realizado nas últimas semanas. O Concello recupera así un elemento que […]
Dende esta semana e ata o 31 de decembro, a veciñanza de Ares pode sumarse á iniciativa Bono Comercio Activa da Xunta de Galicia, onde cada cliente disporá dun bono desconto por un importe de 30 € que se aplicará nas compras realizadas nos establecementos adheridos á campaña.
De feito, se es comerciante e desexas participar nos Bono Comercio Activa, lembra que o prazo de adhesión dos locais comerciais estará aberto ata o 30 de novembro. Máis info en https://www.bonosactivacomercio.gal/?fbclid=IwAR0MdDtQzZSrpDvELY-LTjWhI8mHWXbAcugRk281f9lEXSQjlZ91ub21BFg.
“A integración da natureza co pobo de Redes é total”. Iso é o que comenta Ernesto López Naveiras, presidente de honra da Agrupación Instrutiva de Caamouco, á hora de falar dun espazo que estivo, está e estará en simbiose constante co mar.
Un lugar pesqueiro pequeño (“7 rúas e 3 prazas”, di Ernesto) que podes coñecer de dúas maneiras: ben botándolle unha ollada a este vídeo, ben animándote a acudir en persoa e percorrer Redes nunha das novas rutas de sendeirismo feitas pola Concellaría de Deportes no marco do proxecto “Ares Descobre”. Case 6 quilómetros de distancia […]
Últimas prazas para a segunda ruta do SendAres
O 1 de novembro ás 15:00 horas finaliza o período de inscricións do percorrido que se realizará polos Muíños de Esmelle e mirador de Pedrouzo, no marco do SendAres 2022-2023! Se estás buscando unha experiencia que aglutine deporte, natureza e exploración de novos espazos galegos, súmate á ruta que programa a Concellaría de Deportes o […]
Este venres, 28 de outubro, ás 20:00 horas, temos unha cita co Trasno do Xuncal no salón de actos da Alianza Aresana!
O grupo da Cova do Trasno representará esta obra teatral que, ademais, converte a Ares nun dos seus protagonistas: agroman lugares fundamentales da nosa localidade, pero tamén moitas lendas, conflitos e persoeiros propios. Unha oportunidade perfecta para botar unhas risas e desfrutar do teatro!
Inventario e valoración da avifauna do concello de Ares
O presente informe redáctase a petición da Concellería de Turismo, Emprendemento, Patrimonio e Mobilidade do Concello de Ares. O alcance e contidos do presente traballo foron concretados durante o mes de abril de 2022, seleccionando a opción 1 entre tres alternativas propostas, opción consistente na elaboración dun listado valorado e comentado de aves presentes no […]
O programa saudable das “Medias Mañás” encara a segunda e última semana de actividade! Durante estas xornadas, no CPI As Mirandas habilitouse un punto de distribución de froita para o alumnado do centro educativo, de cara a promover o establecemento de bos hábitos nutricionais nas tres etapas educativas (Infantil, Primaria e Secundaria) que acuden ao CPI.
A iniciativa, promovida pola Concellaría de Igualdade e Benestar co apoio económico da Rede Española de Cidades Saudables (da que forma parte o municipio aresán), estenderase ata o venres, 28 de outubro.
A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol amplía o prazo para sumarse ó curso de adestrador nacional en surfing
A Mancomunidade, coa colaboración da Deputación da Coruña e mediante a Federación Galega de Surf, convocou de novo un curso formativo para a obtención da titulación oficial de adestrador en surfing nivel I con 15 prazas. Mañá, 25 de outubro, pechará o prazo para presentar as instancias, de acordo co modelo e as bases publicados […]