Nova vida para o local con pista de Seselle tras a reforma de adecuación do Concello

Comparte esta nota de prensa

As obras no interior e exterior da edificación veñen de finalizar nestes últimos días, terminando co estado construtivo primitivo que amosaba o espazo.

Interviuse nos teitos, na pavimentación do chan, nas fachadas, na pista exterior e tamén no sistema de acondicionamiento ambiental, entre outros elementos, executando un orzamento de 290.041,24 euros.

A Concellaría de Urbanismo vén de informar hoxe do remate dos traballos de reforma do local de Seselle, adecuándoo e adaptándoo para o seu uso sociocomunitario.

A intervención dotou a todo o edificio de dúas salas de emprego múltiple, ascensor e baños con ducha incluídos, amais de mellorar gran parte dos elementos do edificio: chan, teito, fachada, paredes, sistema de acondicionamento ambiental…  Deixáronse atrás os interiores inacabados e as súas escasas instalacións.

O local rehabilitado, unha referencia en Seselle polo uso lúdico e social que se lle daba nas celebracións festivas e no día a día, achegarase ás persoas maiores, á mocidade, á veciñanza en xeral para que teñan un lugar de referencia para o ocio e o esparcimento. Na súa transformación, foi chave a cesión do espazo por parte da sociedade veciñal, xunto coa fórmula de investimento obtida polo Concello de Ares, recibindo 290.041,24 euros do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS).

No tocante ao último aspecto, Ares foi un dos 9 concellos de toda Galicia cuxos proxectos resultaron seleccionados para beneficiarse dun instrumento de cooperación da Xunta que permite devolver o orzamento executado ao longo de oito anualidades sen ningún tipo de xuro.

A selección de Ares coma unha destas 9 administracións galegas beneficiarias realizouse a partir do interese do proxecto e a acreditación do cumprimento dos requisitos fiscais esixidos pola Xunta.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.