Hoxe temos unha sorpresa: desvelamos os pinchos que estarán dispoñibles esta fin de semana e a seguinte dentro do DegustAres 2023!
Se non tiñas plan para mañá, sábado 18, e o domingo, 19, lembra que comeza a segunda edición do concurso que promove a Concellaría de Comercio en colaboración con 11 establecementos do municipio. Unha iniciativa para gozar da gastronomía aresá e, sobre todo, incentivar o consumo durante este mes de marzo. Así que aproveita, colle […]
Esta mesma tarde, ás 20:00 horas, a Concellaría de Cultura organiza un novo concerto no salón de actos da Alianza Aresana!
Por se estás buscando un bo plan para rematar o día, chega Isaura & Co co seu espectáculo Clave de Bolero. A actuación ponse en relación co aniversario da Alianza Aresana de Instrucción; a agrupación de emigrantes aresáns fundada na Habana en 1904 cumpre o luns, 20 de marzo, 119 anos de historia que ben […]
Renovación das instalacións de iluminación, iluminación e sinalización exterior nas zonas de Avda. Mugardos e Cales Carmen, Franxa, Porta do Sol, Real e San Antonio. Concello de Ares
O Concello de Ares, a través das axudas a Entidades Locais para proxectos de investimento en economía baixa en carbono no marco do Programa Operativo FEDER de Crecemento Sustentable 2014- 2020, convocadas polo IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía) do Ministerio da Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, recibiu unha axuda do […]
Arrancan as obras de rehabilitación do segundo edificio das Escolas do Lago
Executarase unha renovación integral do conxunto arquitectónico, intervindo en cubertas, tabiquería interior, pavimentos, electricidade, aseos ou pintura, entre moitos outros elementos. Os traballos tradúcense nun investimento de 273.073,06 euros para reformar a infraestrutura inaugurada en 1955 cun deseño do arquitecto Rodolfo Ucha. A Concellaría de Urbanismo vén de anunciar hoxe mesmo do inicio das obras […]
O Concello abre mañá o prazo de inscrición para a sétima ruta do SendAres 2022-2023
A iniciativa municipal organizará unha saída ata os cantís de Cedeira de 16 quilómetros, divisando a súa contorna e mesmo ata San Andrés de Teixido. As persoas interesadas poderán inscribirse a partir das 18:00 horas de mañá, venres 17 de marzo, con 25 prazas habilitadas e un prezo de 15 euros. A área de Deportes […]
Ares volve a ser escenario de rodaxe
O paseo marítimo da nosa localidade acolleu na mañá de onte, mércores, 15 de marzo, unha nova gravación audiovisual; a veciñanza puido ver o trasfego do equipo técnico e artístico, unhas 30 persoas, encargado da producción da serie “Saudade de Ti” para a TVG. Desta volta, Ares converteuse no espazo protagonista dunhas secuencias de diálogo […]
Esta fin de semana arranca a segunda edición do DegustAres!!
Nas xornadas do 18, 19, 25 e 26 de marzo, poderás desfrutar da gastronomía de Ares co concurso de pinchos que promove a Concellaría de Comercio. Achégate aos 11 establecementos adheridos á iniciativa gastronómica, degusta as tapas e puntúa os tres mellores pratos! Se cubres toda a cartilla, entrarás no sorteo de 5 vales de […]
119 ANOS DE HISTORIA: ANIVERSARIO ALIANZA ARESANA DE INSTRUCCIÓN 1904 – 2023
17 e 20 de marzo 17 de marzo: 20:00 h. – Concerto de Isaura & Co. 2o de marzo 19:00 h. -Apertura do acto polo alcalde de Ares, Julio Iglesias Redondo. 19:0S h. – Entrega do “I Premio Lazos coruñeses con América Latina” polo representante da Deputación da Coruña ao CPI As Mirandas. 19:IS h. […]
Ares conmemora os 119 anos da Alianza Aresana de Instrucción
Os actos para celebrar o aniversario da sociedade fundada en 1904 na Habana polos emigrantes da localidade divídense en dúas datas: o venres, 17 de marzo, coa actuación de Isaura & Co, e a propia efeméride oficial de creación, o domingo, 20. Na programación do 20 de marzo destaca especialmente a entrega do premio que […]
O 14 de abril poderás renovar o teu Documento Nacional de Identidade (DNI) na Biblioteca Municipal de Ares!
Se estás interesado en facelo, concerta a túa cita acudindo presencialmente ás instalacións da Alianza Aresana ou a través do teléfono 981 448 057, de luns a venres, no horario de apertura da biblioteca. Lembra que podes realizar a renovación do DNI ata 6 meses antes da data de caducidade.
O punto limpo móbil xa está a disposición da veciñanza no Mazote!
Lembra que podes depositar alí: Pilas e baterías Lámpadas e tubos fluorescentes Aceites minerais e vexetais Roupa e calzado Pequenos electrodomésticos. Non dubides en achegarte esta mesma semana para que o Concello xestione estes residuos domésticos.
Aviso de recollida de enseres
Lembramos que esta mesma noite do martes, 14 de marzo, todas as persoas que o desexen poden depositar os enseres e residuos voluminosos nos puntos designados a tal uso, ao carón dos contedores de lixo habituais. A súa recollida realizarase mañá, terceiro mércores do mes.