ACTIVIDADES DO DÍA DO LIBRO NA BIBLIOTECA 2023

LUNS ,24 DE ABRIL entrega de doces e agasallos polo dia do libro aos usuarios que asistan á biblioteca MARTES, 25 DE ABRIL Contacontos “Aitana e a avoa e outros contos” HORA: 18:00H PÚBLICO FAMILIAR XOVES, 27 DE ABRIL Manualidade do día do Libro. GRUPO 1: nnxs de 3 a 6 anos   16:30h GRUPO 2: […]

O Concello Ares recibe unha axuda polo importe de 16.640,00 € da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdades da Xunta de Galicia para a rehabilitación e mellora do equipamento dos centros de información ás mulleres (CIM)

O Concello Ares recibe unha axuda polo importe de 16.640,00 € da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdades da Xunta de Galicia ao abeiro Resolución do 5 de xaneiro de 2023 da Secretaría Xeral da Igualdade pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a entidades locais de Galicia para […]

Comezan as obras para acondicionar o interior da Reitoral de Ares

Esta mesma semana empezaron as obras, que permitirán reformar un espazo de interese patrimonial, edificado en 1696, a través dun investimento de 121.527 euros, IVE incluído, asumido entre os fondos municipais e o POS+2021 da Deputación da Coruña. A concellaría de Urbanismo anunciou que a principios desta semana arrancaron os traballos que permitirán o acondicionamento […]

Bases específicas para a contratación laboral temporal de 2 subalternos

Asunto: BASES ESPECÍFICAS PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE 2 SUBALTERNOS/AS Á vista da publicación no Boletín Oficial da Provincia nº 13, do 19 de xaneiro de 2023, no que se publica a Resolución número 2023/39428 de 17/01/2023, pola que se aproba o Programa de Integración Laboral mediante a execución de obras e servizos mínimos […]

A concellaría de Benestar e Igualdade do Concello de Ares súmase novamente ao proxecto “Vacacións en Paz” en colaboración coa organización Solidariedade Galega co Pobo Saharauí

Este programa ten como obxectivo traer a nenos e nenas saharauís desde Tinduf (Alxeria) durante os meses de xullo e agosto, evitando as altas temperaturas do deserto, para brindarlles oportunidades de lecer, formación e mellorar o seu benestar xeral. No marco desta colaboración, a concellaría de Benestar e Igualdade realizará unha achega económica para que […]

O Concello aproba os Orzamentos Municipais

As contas para o presente exercicio ascenden a 7.478.846,44 euros  O pleno extraordinario convocado onte aprobou os orzamentos para 2023, o que supón sacar adiante as contas muinicipais, é dicir, o documento económico máis importante do Concello, cun importe que neste exercicio ascende a 7.478.846,44 euros. O alcalde, Julio Iglesias, subliñou que as contas aprobadas […]

Aviso de recollida de enseres

Lembramos que esta mesma noite do martes, 18 de abril, todas as persoas que o desexen poden depositar os enseres e residuos voluminosos nos puntos designados a tal uso. A súa recollida realizarase mañá, terceiro mércores do mes, coma vén sendo habitual.

O punto limpo móbil vén de ser instalado esta mañá polos operarios municipais enfronte ao camiño que da acceso a Besoxo, á altura da avenida de Mugardos!

Dende hoxe ata a finalización da semana estará disponible para a veciñanza da contorna. Deposita alí os teus residuos domésticos para que poidan ser tratados adecuadamente! Lembra que nel podes deixar: Pilas e baterías Lámpadas e tubos fluorescentes Aceites minerais e vexetais Roupa e calzado Pequenos electrodomésticos. A seguinte parada do punto limpo, correspondente á […]

Unha delegación de Ares trasladouse a fin de semana a Bueu para compartir a nosa historia e o interese por recuperar o “millo corvo”.

O alcalde de Bueu, Félix Juncal, e outros membros da corporación municipal, recibiron ao alcalde de Ares, Julio Iglesias, e aos representantes da Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina, Celsa Formoso e Rogelio Pérez, sumándose ao momento de fraternidade que tivo lugar no marco do XXIII Encontro-Degustación do Millo Corvo. A comitiva de […]