O Concello anuncia a renovación do Parque Infantil do Porto en Ares
A área municipal de Urbanismo informou hoxe sobre a próxima dotación dun parque infantil completamente novo que substituirá ao existente na zona do Porto, no núcleo urbano da localidade. A concelleira Olimpia Marcos comunicou o inicio do proceso de contratación. O proxecto foi publicado onte na Plataforma de Contratación do Sector Público, e o prazo […]
Na última reunión do club de lectura municipal, que tivo lugar esta mañá, os quince membros congregáronse para analizar e debater a obra “Hasta donde termina el mar” de Alaitz Leceaga.
A novela espertou un animado intercambio de ideas ao redor de diversos temas, como os segredos familiares, a vinganza e o poder redentor do amor. Durante o coloquio, os asistentes exploraron a habilidade de Leceaga para crear personaxes complexos e realistas, o cal xerou o interese dos lectores. Ao finalizar a sesión, os participantes despedíronse […]
Abre a Oficina de Turismo de Ares con servizos de guía no Cabido de Santa Catalina e o Alboio de Redes
A caseta de Turismo vén de poñerse en marcha para atender o fluxo de visitantes que recibirá a localidade nas próximas semanas. Así o anunciou a Concellería de Turismo, precisando o seu horario de apertura e os servizos que se prestarán durante o período estival. A Oficina de Turismo estará aberta de luns a venres, […]
O concello de Ares recibe unha axuda da financiado pola Excma. Deputación Provincial da Coruña correspondentes ao Programa MA100: SUBVENCIÓNS A CONCELLOS PARA LIMPEZA DE PRAIAS MARÍTIMAS NO 2023
O concello de Ares recibe unha axuda da financiado pola Excma. Deputación Provincial da Coruña correspondentes ao Programa MA100: SUBVENCIÓNS A CONCELLOS PARA LIMPEZA DE PRAIAS MARÍTIMAS NO 2023, por un importe de 25.219,43€. O obxecto deste programa é apoiar aos concellos da provincia da Coruña no sostemento dos gastos de contratación dirixidos á limpeza […]
Este mércores, a mocidade aresán viaxou ata o Aquapark de Cerceda para desfrutar das súas atraccións acuáticas!
Tobogáns, pistas múltiples, sol e moita diversión nesta proposta da área de Cultura da nosa localidade. Estas foron algunha das imaxes que nos deixou a excursión!
Festas patronais en Cervás, campionato de tenis praia en Redes, presentación literaria, andaina, exposición, concertos…
esta fin de semana está repleto dunha ampla variedade de eventos en Ares! Toma boa nota deles na túa axenda e non os perdas!
O Concello instalou esta mañá o punto limpo móbil na contorna de O Porto, no núcleo urbano de Ares.
Alí permanecerá dispoñible durante esta semana e a seguinte, ata o 10 de xullo. Despois diso, dirixirase a Seselle. Lembra que acepta os seguintes residuos: pilas, baterías, lámpadas, tubos fluorescentes, aceites vexetais e minerais, pequenos electrodomésticos, roupa e calzado. Aproveita para desfacerte adecuadamente do que non necesites.
Pola igualdade de todas as persoas
VeraneAres 2023
XUÑO 9 XUÑO: Recital de acordeón de lago Aneiros. 20:00h ALIANZA ARENASA 10 XUÑO: Teatro grecolatino ´´Las troyanas´´ Mosteiro de Santa Catalina 20:00h Organiza: Asociación de Amigos de Santa Catalina. Colabora: Concello de Ares. 10 e 11 XUÑO: Corpus Christi (Alfombra floráis) Organiza: Asociación de Alfombras Floráis de Ares. Colabora: Concello de Ares. 17 […]
O Concello, a través da área de Cultura, anuncia dous concertos do Cor l’Antàrtida na localidade
Estes eventos musicais, que forman parte da súa xira por Cataluña e outras rexións de España, serán unha magnífica oportunidade para os amantes da música coral. Cor l’Antàrtida, proxecto musical da escola de música L’Antàrtida, celebra este ano o seu 45 aniversario, deleitando ao público de todas as idades co seu talento e repertorio ecléctico. […]
Pablo J. Rañales presenta a súa segunda novela, Na chepa do Busero, en Ares
A Alianza Aresá acollerá o evento, organizado pola Concellaría de Cultura do propio municipio, este sábado, 1 de xullo, ás 20:00 horas. O autor estará acompañado por Conchi Ramil, responsable da comunidade dixital Xente de Ares, para falar dunha nova historia que continúa co persoal realismo máxico de Rañales. O xornalista e escritor residente en […]
Este domingo, As Sirenas de As Mirandas participaron no evento “Beche en Rosa”, nunha mostra de solidariedade e superación.
Partindo de Ares, unha delegación do equipo uniuse a deportistas e público de diferentes lugares no Encoro de Beche, en Folgoso, para formar parte dunha exhibición deportiva que tiña como obxectivo loitar contra o cancro. O evento, que levou por nome “Beche en Rosa”, organizado pola Asociación Bolboretas de A Coruña, buscou visibilizar o Dragon […]