A noite do sábado foi a quenda do concerto de Roi Casal na Praza da Igrexa!
Os asistentes gozaron coa actuación do afamado intérprete e compositor, na estrea da súa nova xira, “Ambos Mundos”, deleitando ao público con composicións que foron desde os ritmos latinos ao estilo pop!
Na noite de onte, para poñer o broche de ouro a unha fin de semana repleta de eventos, no parque de Rosalía organizouse un concerto con Debosses, un tributo a Bruce Sprinsteen, e O Cruce, a banda ferrolá de pop rock español
Foron unhas actuacións espectaculares cun público totalmente entregado!
O sábado pasado, nunha tarde adicada á rapazada, tamén houbo ocasión para que gozasen da súa propia PequeDisco a cargo de Moc Moc espectáculo!
Con coreografías guiadas, xogos musicais, circo, malabares… e sobre todo moito humor, mesturado con iluminación disco, máquina de fume e pompas de xabón, que fixeron saltar, xogar, bailar, rir e gozar a tódolos asistentes!
O espectáculo de Os Bolechas chegou o sábado a Ares!
Dentro da súa xira estival Os Bolechas recalaron en Ares este sábado, concretamente no Parque Rosalía, para facer as delicias dos máis pequenos e as súas familias a través dun teatro de marionetas!
Últimos días para inscribirse na XXXI edición da Milla Urbana!
A concellaría de Deportes lembra que o prazo de inscrición para a Milla Urbana estará aberto ata as 23:59 horas do martes, 1 de agosto, a través desta ligazón: https://www.carreirasgalegas.com/events/xxxi-milla-urbana-concello-de-ares/wKmn2GmY A XXXI Milla Urbana Concello de Ares, é unha proba oficial da FGA que forma parte do IX Circuíto provincial de Carreiras Populares da Deputación […]
O venres pasado, 28 de xullo, levouse a cabo a VI Homenaxe musical a Gildo Illobre na Igrexa Parroquial de Ares.
Organizado pola Rondalla Trobadores de Ares, coa colaboración da concellaría de Cultura e Adegas&Vinos Ares, este emotivo evento rendeu tributo ao legado musical de Gildo Illobre no municipio e na comarca. Veciños, amigos e familiares uníronse para honrar a súa memoria e celebrar a perdurable influencia da súa paixón pola música na nosa contorna.
ARES DESDE O MAR 2023
DO 15 DE XUÑO Ao 15 DE OUTUBRO ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO Todos os fins de semana en horario de mañá e tarde, Roteiros pola ría. Entre semana, reservas con 3 días por adiantado PREZOS ADULTOS: 15€ MENORES: 8€ RESERVA DE GRUPO (12 PAX) CON TRES DÍAS DE ANTELACIÓN: 120€ HORARIOS SÁBADOS E […]
Lembra que esta fin de semana, o municipio contará cunha ampla variedade de actividades no ámbito cultural, máis tamén haberá unha morea de actividades do eido deportivo.
Esta intensa actividade deportiva exemplifícase na entrega de trofeos do II Torneo Fútbol Sala Base en Chanteiro desta tarde; a XX Regata Concentración de Embarcacións Tradicionais que se celebrará mañá no porto de Redes; ou o LIV Campionato Social de Tenis e XIV Campionato Social de pádel no Club de Tenis. En definitiva, un conxunto […]
Quedan prazas dispoñibles para a terceira quenda dos Xogos nas Parroquias!
A próxima semana iníciase a terceira e derradeira quincena da programación do VeranAres deportivo e a concellaría de Deportes informa de que quedan prazas libres na iniciativa dos Xogos nas Parroquias. Os xogos deportivos nas parroquias no municipio impártense durante as mañás para dinamizar os núcleos sociais de Cervás, Caamouco e Chanteiro. Estas actividades deportivas […]
Onte á noite, na pista do CPI “As Mirandas”, levouse a cabo a segunda sesión do ciclo de cine de verán ao aire libre, con bo ambiente e unha resposta moi positiva por parte do público.
Unha morea de persoas acudiu ao evento para gozar da película de animación “Encanto”, que foi proxectada neste espazo debido ás previsións meteorolóxicas. A programación continuará o próximo 10 de agosto, neste caso, coa proxección do filme “Cuñados”.
Gustaríate experimentar o ritmo latino ou probar unha sesión de zumba ao aire libre?
Aproveita esta última oportunidade, xa que entramos na última quincena, para unirte ás sesións que se levan a cabo na Praza da Constitución de Ares. Os martes, poderás gozar de bailes latinos, e os xoves, dunha sesión de zumba. O horario é de 20:30 a 21:30 horas. Estas actividades forman parte da programación deportiva municipal […]
XXXI MILLA URBANA CONCELLO DE ARES
Podes consultar todos os resultados nesta ligazón: https://www.carreirasgalegas.com/results/xxxi-milla-urbana-concello-de-ares/wKmn2GmY Resultados en PDF: XXXI MILLA URBANA CONCELLO DE ARES 2023 en pdf Información xeral A proba denomínase XXXI Milla Urbana Concello de Ares. E unha proba oficial da FGA, con distancia non homologada. Esta proba pertence ao IX Circuíto provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña. […]