Ares divulga en Equiocio o seu patrimonio turístico
Na cerimonia de apertura do certame de hípica, que ten lugar en Covas, Ares inaugurou esta mañá a súa propia caseta de información, coa presenza do alcalde, Julio Iglesias, e a concelleira de Turismo, Lucía Blanco. O stand de Ares tamén contou coa visita do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que participou no acto inaugural […]
A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol puxo en marcha un novo prazo de inscrición para o Programa Integrado de Emprego
Deseñado especialmente para mulleres en situación de desemprego que estean rexistradas na oficina de emprego e empadroadas no noso concello, así como nos de Cabanas, Cedeira, Fene, Mugardos, Narón, Neda e Valdoviño. Dentro deste programa, actualmente ofrécense prazas vacantes en diferentes itinerarios formativos, entre os cales se atopan a Cociña (tanto Cociña colectiva como Cociña […]
A Casa da Xuventude acolle unha mostra pictórica titulada “Paisaxes e Mariñas”, do artista José Antonio Porro.
A exposición estará aberta ao público desde hoxe, 4 de agosto, ata o 15 de agosto. A riqueza das paisaxes cobrará vida nesta exhibición artística, que terá lugar nas instalacións da Casa da Xuventude durante parte deste mes de agosto. Por medio do talento de José Antonio Porro, poderemos adentrarnos na súa visión do litoral […]
O Ares Indiano estrea o cartel da súa próxima edición
A concelleira de Cultura, Alma Barrón, presentou o cartel do próximo gran evento sociocultural da localidade, o Ares Indiano, que se organizará durante o venres 18, sábado 19 e domingo 20 de agosto, nun evento xa consolidado na comarca coma referencia na celebración indiana. Así, o municipio celebrará o Ares Indiano durante estes tres días, […]
Esta fin de semana tampouco hai descanso na contorna municipal!
Contamos cunha exposición de pintura, a Milla Urbana, as festas de San Roque…a nosa axenda cultural e deportiva está repleta de actividades que non quererás perder!
O Concello informa da adxudicación das obras para a mellora dos vestiarios do Campo de Fútbol de Prados Vellos
O Concello informou hoxe da adxudicación das obras no edificio de vestiarios do Campo de Fútbol de Prados Vellos, coas que se conseguirá a mellora da eficiencia enerxética na súa envolvente e, parcialmente, nas súas instalacións. O investimento total desta actuación ascende a 195.000 euros, que serán sufragados a través dunha achega do Fondo de […]
A concellaría de Deportes desexa lembrar a todos os participantes da XXXI Milla Urbana, que a entrega de dorsais levarase a cabo na Alianza Aresana.
Poderán recoller os seus dorsais os días xoves 3 e venres 4 de agosto, en horario de 9:00 a 13:00 horas. Se por algunha razón non poden asistir nesas datas, terán unha última oportunidade o mesmo día da carreira, sábado 5 de agosto, ata media hora antes do inicio da proba. Con todo, recoméndase aproveitar […]
O Concello adxudica as obras para a renovación do patio da Escolas do Lago
Mentres as obras no segundo edificio das Escolas do Lago avanzan a bo ritmo, o Concello vén de dar un paso definitivo na rehabilitación de todo o conxunto, tras a recente adxudicación das obras coas que se renovará o seu patio. A intervención permitirá o empedrado do chan do recinto exterior, e tamén do caleixón […]
O “ConciliAres” pon fin á súa programación lúdico-educativa do mes de xullo e prosegue coas súas actividades durante todo o mes de agosto!
O servizo de conciliación familiar e laboral da área de Benestar, o ConciliAres, encarou onte a súa última xornada de actividade correspondente ao peche de xullo, e estrénase hoxe nas actividades que desenvolverá durante todo o mes de agosto. Así, nesta nova etapa, continuarase ofrecendo unha variada programación centrada na diversión, pero sempre desde unha […]
O Concello vén de instalar o punto limpo móbil na súa nova localización semanal: Cortiñas Gil.
Durante toda esta semana, estará dispoñible nesta localización para os veciños e veciñas que desexen desfacerse de pilas, baterías, lámpadas, aceites, pequenos electrodomésticos, roupa e calzado de maneira adecuada. Tras isto, o punto limpo trasladarase á súa próxima parada, no núcleo urbano de Redes. Aproveita esta oportunidade para contribuír ao coidado do medio ambiente e […]
O Concello adxudica a renovación do Parque Infantil do Porto en Ares
A área municipal de Urbanismo informou hoxe sobre a adxucación da obra para a dotación dun parque infantil completamente novo que substituirá ao existente na zona do Porto, no núcleo urbano da localidade. A concelleira Olimpia Marcos comunicou a finalización do procedemento de contratación, que dará paso ao próximo inicio dos traballos. A actuación que […]
Cincuenta rapaces e rapazas participan estes días na XV Edición do Campus “Chiquibasquet”
Un total de 50 mozos e mozas de 5 a 18 anos anos participan desde este luns na decimoquinta edición do campus de baloncesto “Chiquibasquet”, dirixido polo adestrador ferrolán Chiqui Barros e que conta coa colaboración do Concello de Ares e a Federación Galega de Baloncesto. A actividade deportiva está a desenvolverse no pavillón municipal […]