Ares contará coa súa propia Tenda de aluguer efémero de vestimenta indiana

Dende o luns, 12, até o xoves, 17 de agosto, poderás botar unha ollada ao catálogo que propón Chimpos, a empresa recoñecida pola súa especialización en vestiario histórico, na súa Tenda efémera de aluguer de vestimenta indiana sita na Avda. Saavedra Meneses, número 16! Poderás atopar roupa e complementos de época para caracterizarte durante a […]

O Concello recuperará o lavadoiro da Fonte da Tella, en Lubre

Esta semana iniciáronse os traballos deste proxecto de rehabilitación impulsado pola área de Urbanismo, dignificando unha infraestrutura con considerable valor etnográfico; espazos vencellados á identidade de cada parroquia e á memoria emocional da veciñanza. Con esta intervención da Fonte da Tella, o número de lavadoiros recuperados pola institución aresá elevarase a catro, despois de reacondicionar […]

Os obradoiros e os roteiros en barco e autobús histórico do VII Ares Indiano abrirán as súas inscricións o próximo luns, 12 de agosto

Durante o Ares Indiano, quizais desexes navegar pola ría acompañado/a da brisa mariñeira, percorrer as parroquias nun autobús histórico ou mesmo sumarte a algúns dos obradoiros tematizados… Sexa como for, a partir do luns, 12 de agosto, ás 9:00 horas, abrirá o prazo de inscricións nestes servizos para que formalices a túa reserva previa!   […]

Inscrición obradoiros Ares Indiano 2024

No marco do VII Ares Indiano que se desenvolve do venres, 16, ao domingo, 18 de agosto, o Concello organiza un conxunto de obradoiros tematizados que precisarán de inscrición previa de forma integramente telemática. A continuación poderás formalizar a túa reserva de praza. AUTORIZACIÓN DE IMAXES A inscrición implica que o Concello poida difundir libremente […]

O Concello desvela a programación completa do VII Ares Indiano

Actuacións musicais, obradoiros tematizados, roteiros pola vila e o mar, sesiós teatralizadas ou exhibicións artísticas son algúns dos formatos que se propoñen nesta edición para honrar o legado alén do mar. A localidade reiterará o seu compromiso coa memoria da migración, sen esquecerse tampouco da parte de divulgación histórica dentro desta celebración referencial na comarca. […]

Finalizan os traballos de mellora de servizos e pavimentos nun tramo da rúa Os Anxos

A obra, cun investimento próximo aos 100.000 euros por parte do Concello e a Deputación da Coruña, renovou a rede de saneamento, pluviais e abastecemento e interviú no alumeado, electricidade e telecomunicacións. A Concellaría de Urbanismo vén de informar esta semana do remate das obras que se estaban a executar nun tramo da rúa Os […]

NOTA INFORMATIVA: Reubicación da programación deportiva por obras no pavillón municipal

As Concellarías de Deportes e Urbanismo veñen de informar do inminente comezo das obras de renovación do pavillón polideportivo de Ares, que inclúen a substitución e mellora da cuberta, iluminación, envolventes ou mesmo o sistema de auga quente sanitaria. En consecuencia, suspéndense as actividades que se desenvolven nel dende o 16 de agosto, incluído o […]

A vila tinguirase de azul pola XVII Bandeira Concello de Ares

O domingo, 11 de agosto, veciñanza e afeccionados poderán ver o desempeño da tripulación local do Club de Remo, un evento deportivo para que todo o municipio goce e se ilusione coa tempada da Santa Olalla de Lubre. A concelleira de Deportes, Alma Barrón, o presidente da Liga Galega de Traiñeiras, Javier Rodríguez, e representantes […]

Ares conmemora o 85 Aniversario da fuxida do Bou Ramón

O 10 de agosto despregarase no Mosteiro de Santa Catalina unha ampla programación que homenaxea ao grupo de republicanos, activistas e sindicalistas que emprenderon unha dura travesía marítima para chegar até Francia, no seu exilio por mor da represión falanxista. Organizarase unha exposición fotográfica e unha proxección de vídeo, amais de incorporar un coloquio divulgativo […]

A cultura mariñeira técese nas redes da Festa da Cabria

A XVIII Festa da Cabria que promove a Agrupación Instrutiva de Caamouco en colaboración co Concello volveu a dignificar a memoria e tradición mariñeiras da contorna de Redes. A celebración despregou unha ampla programación este sábado pasado, sempre co mar en primeiro plano, incluíndo obradoiros para pequenos e maiores, visitas guiadas ao Alboio de Areamorta, […]

O Concello conclúe a promoción do patrimonio aresán en Equiocio 2024

Durante estes últimos tres días, dende o venres até onte, a Concellaría de Turismo mantivo activo o stand turístico municipal instalado no certame de hípica Equiocio, xa referencia a nivel galego, establecendo así un espazo informativo para dignificar o patrimonio cultural, a riqueza paisaxística e a ampla grella de actividades que temos en Ares. Alí […]