Ares promove a reparación e reutilización da roupa con novos obradoiros de costura creativa

O Concello de Ares pon en marcha este mes de outubro un ciclo de obradoiros de costura creativa e upcycling téxtil na Casa Rectoral, unha iniciativa orientada a fomentar o consumo responsable, a reutilización e a economía circular. Ao longo das diferentes sesións, as persoas participantes poderán adquirir coñecementos básicos de costura e aprender técnicas […]

COMPOSTAXE DOMÉSTICA | ENTREGA DE 50 COMPOSTEIROS

O Concello de Ares pon en marcha unha nova campaña de fomento da compostaxe doméstica, coa entrega de 50 composteiros de balde a vivendas unifamiliares do municipio. Requisitos: Vivenda illada con parcela ou horta de polo menos 25 m². Non ter recibido un composteiro do Concello en campañas anteriores. Un composteiro por vivenda. Como solicitalo: […]

Tarde de contos na Biblioteca Municipal

O pasado xoves, a Biblioteca Municipal de Ares acolleu o contacontos «Un monstro moi larpeiro», da man de Marisa Irimia, dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña.  As nenas e nenos desfrutaron dunha tarde chea de historias, risas e imaxinación arredor dos libros e da narración oral. Grazas a Marisa Irimia e a todas […]

MercaNaVila 2026

A Deputación da Coruña convocou o programa “MercaNaVila 2026”, unha liña de axudas dotada con 5.000.000 € destinada a apoiar o comercio local e dinamizar as compras nos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes. A continuación móstrase o resumo estruturado : 🛍️ ¿En que consiste a axuda? Consiste na emisión de bonos de […]

XV Limpeza Simultánea de Praias

A Agrupación Instrutiva de Caamouco, coa colaboración do Concello de Ares e no marco da iniciativa promovida por ADEGA, organiza unha nova xornada da XV Limpeza Simultánea de Praias. A actividade terá lugar o domingo 18 de outubro, ás 11:00 horas, na praia do O Raso (Caamouco, Ares), e está aberta á participación da veciñanza […]

A praia do Raso acollerá a XV Limpeza Simultánea de Praias

A Agrupación Instrutiva de Caamouco, coa colaboración do Concello de Ares e no marco da iniciativa promovida por ADEGA, participará na XV Limpeza Simultánea de Praias, que se celebrará o vindeiro domingo 18 de outubro. A actividade desenvolverase na praia do O Raso, en Caamouco, e está aberta á participación da veciñanza e de todas […]

A Biblioteca Municipal de Ares suma un novo recoñecemento María Moliner!

 Ares volve ser distinguida na Campaña de Animación á Lectura María Moliner, nesta ocasión cunha achega de 2.777,77 euros, que permitirá seguir reforzando o fondo bibliográfico e os recursos da biblioteca. A proposta premiada, «Entre libros, talleres e xogos… imos medrando», aposta por achegar a lectura á infancia a través de tres piares fundamentais: Libros, […]

OBRADOIRO DE DESPERDICIO ALIMENTARIO

Aprende a previr e reducir o excedente de alimentos Cursos dispoñibles: Dirixido á hostalería: 13 de outubro, de 17:30 a 19:30 h Dirixido á cidadanía: 22 de outubro, de 17:30 a 19:30 h Dirixido á cidadanía: 23 de outubro, de 17:30 a 19:30 h Dirixido á hostalería: 26 de outubro, de 17:30 a 19:30 h […]

Maxia, risas e moita complicidade en Chanteiro!

Así vivimos o Alex Barti Show no VIII Festival Internacional de Entes Animados (FESTEA), en plenas Festas da Mercé. Un luxo ver aos máis pequenos gozar co mestre Alex Barti e a súa entrañable marioneta de fío.  Grazas a todos por compartir esta tarde en familia!

Ares proxecta o documental «Ao son da nova regueifa» no marco do Outono das Artes

A Concellaría de Cultura do Concello de Ares, co apoio da Deputación da Coruña e no marco do ciclo «Outono das Artes», organiza a proxeción do documental «Ao son da nova regueifa». A cita celebrarase este venres, 2 de outubro, ás 20:00 horas no Salón de Actos da Alianza Aresana. Trátase dunha oportunidade única para […]