Ares proxecta o documental «Ao son da nova regueifa» no marco do Outono das Artes

Comparte esta nota de prensa

A Concellaría de Cultura do Concello de Ares, co apoio da Deputación da Coruña e no marco do ciclo «Outono das Artes», organiza a proxeción do documental «Ao son da nova regueifa».

A cita celebrarase este venres, 2 de outubro, ás 20:00 horas no Salón de Actos da Alianza Aresana. Trátase dunha oportunidade única para achegarse á tradición oral, á música e á renovación contemporánea da improvisación en verso na nosa lingua.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.