O Concello comeza coas obras de renovación de servizos nas rúas Caramanchón, dos Mártires e San Xoán na contorna do Porto

A intervención renovará a infraestrutura de saneamento de augas fecais e pluviais, xunto coa eléctrica e de telecomunicacións, amais da iluminación e os pavimentos, que contarán con formigón coloreado. O proxecto conta cun orzamento de 207.792,92 euros, distribuídos entre o Concello (90.125,94 euros) e o POS+2023 (117.666,98 euros) da Deputación. A Concellaría de Urbanismo vén […]

Apertura das inscricións do ConciliAres 2024

A Concellaría de Igualdade e Benestar vén de notificar a apertura das inscricións para o ConciliAres 2024, o servizo municipal de conciliación laboral e familiar, esta mesma mañá até o venres, 31 de maio. Pódese formalizar o prerrexistro en liña, tal e como figura nas bases do programa, nesta ligazón: https://forms.gle/7Zt96RmXbqFp4XVC9. As bases completas poden […]

Punto limpo móbil instalado en Redes

O punto limpo móbil do Concello xa está dispoñible esta semana en Redes para a recollida de residuos especiais. Lembra que alí podes depositar: Pilas e baterías, Lámpadas e tubos fluorescentes, Aceites vexetais e minerais, Pequenos electrodomésticos, Roupa e calzado.  

Ares e Mugardos celebran o Voto de Chanteiro 2024

Os Concellos de Ares e Mugardos veñen de desvelar o servizo de autobuses e a programación que se organizará durante o martes, 21 de maio, no marco da celebración do tradicional Voto de Chanteiro. 10:30 horas: Saída de autobuses de Ares e Mugardos. Ruta de autobús dende Mugardos: inicio en San Xoán de Piñeiro e […]

Inscricións abertas para a ruta extraordinaria do SendAres 2024: Asturias

Esta mesma tarde do 13 de maio abriu o prazo de inscrición na iniciativa promovida pola área de Deportes para empadroados/as. Pódese reservar unha das 34 prazas habilitadas a través do formulario telemático (https://forms.gle/uHN6jAdtgru74oZo9) que se atopa na páxina web municipal, no apartado adicado ó programa de sendeirismo. O itinerario ten un prezo de 90 […]

Bases Programa ConciliAres

INSCRICIÓNS CONCILIARES 2024: https://forms.gle/7Zt96RmXbqFp4XVC9 INTRODUCIÓN: Galicia é un referente nas actividades de educación non formal, ocio educativo e tempo libre que se programan, de xeito maioritario, durante os meses de verán. Prográmanse centos de actividades ao longo do noso territorio co obxectivo de ofrecer un recurso de educación no tempo libre para os nenos/as e […]

O ConciliAres, o servizo de conciliación laboral e familiar do Concello, abrirá mañá, 14 de maio, as súas inscricións

O prazo para inscribirse estará operativo até o venres, 31 de maio incluído, coa opción de achegar a documentación no Departamento de Servizos Sociais de Ares ou por rexistro electrónico na web institucional, concellodeares.gal. Polas obras previstas no CPI As Mirandas durante o verán, a actividade do servizo de conciliación centralizarase no Local Sociocomunitario de […]

O Tarrafa lévase o 1º Premio do DegustAres 2024 pola súa tapa ‘Terras de Ares’

Xunto a el, completan o pódium co 2º e 3º Premios o CIRS Cervás con ‘Canfurneiro’ e o Casino Aresano con ‘Trainera Casino’, tras contabilizar as puntuacións dos 103 participantes que dictaminaron cales foron os mellores pinchos de entre todas as propostas. A concelleira de Comercio, Lucía Blanco, entregou o venres pasado os galardóns e […]

Ares acolleu o Campionato Galego de Snipe 2024

Durante este sábado e domingo xa pasados, Ares converteuse no epicentro da vela de Galicia na clase snipe. 20 embarcacións de todo o territorio galego chegaron á ría para participar no Campionato Galego Snipe de Vela 2024, un evento deportivo que rematou nas instalacións do Club Náutico Ría de Ares, onde se formalizou a entrega […]

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DEPUTACIÓN DA CORUÑA VERÁN 2024

Amplo programa de actividades deportivas e culturais Do 23 de xuño o 26 de xullo Deportes náuticos, actividades ao aire libre, xornada de praia, actividades no centro, visitas culturais, deportivas e etnográficas Realizaranse actividades e xogos que teñan elementos que fomenten a comunicación, o intercambio de experiencias, a convivencia e o respeto polos demáis. Visita […]