XVI Edición do Campus Chiquibásquet
Organizarase do 29 de xullo ao 2 de agosto, en horario de tarde, de 18:00 a 21:00 h, no pavillón polideportivo da localidade.
Ares acollerá a XVI Edición do Campus Chiquibásquet
Organizarase do 29 de xullo ao 2 de agosto, en horario de tarde, de 18:00 a 21:00 h, no pavillón polideportivo da localidade. As inscricións abren hoxe, 24 de maio, até o 26 de xullo ou o esgotamento das 40 prazas habilitadas baixo un prezo de 50 euros. A concelleira de Deportes, Alma Barrón; o […]
Chega a Ares a novena edición da Feira Rociera Solidaria
Un ano máis, a Asociación Ares Solidario, en colaboración co Concello e a Xunta Local da Asociación Española contra ao Cancro, organizará mañá, 25 de maio, na Praza da Constitución, este evento cheo de música, desfiles e vestidos que nos levan ao pleno sur da Península Ibérica. A iniciativa arrancará ás 18:30 horas co desfile […]
O 5 de xuño poderás renovar o teu Documento Nacional de Identidade (DNI) na Biblioteca Municipal de Ares
Se estás interesado en facelo, concerta a túa cita acudindo presencialmente ás instalacións da Alianza Aresana ou a través do teléfono 981 448 057 no horario de apertura da biblioteca. Lembra que podes realizar a renovación do DNI ata 6 meses antes da data de caducidade e que durante os meses de xullo e agosto […]
Ares e Mugardos conmemoran o Voto de Chanteiro 2024
Un ano máis Ares e Mugardos celebraron o tradicional Voto de Chanteiro, unha romaría con fondas raíces no noso territorio e que congrega a centos de persoas arredor da Ermida da Mercé. O inicio da tradición está vencellado coa peste que asolou Europa, incluído Ferrol e comarca, durante os primeiros compases do século XV. Na […]
Punto limpo móbil instalado en Lubre
O punto limpo móbil do Concello xa está instalado en Lubre para a recollida de residuos especiais. Permanecerá alí durante toda a semana. Lembra que poderás depositar: Pilas e baterías, Lámpadas e tubos fluorescentes, Aceites vexetais e minerais, Pequenos electrodomésticos, Roupa e calzado.
A Copa de España de Enduro enche Montefaro do mellor ciclismo nacional
A quinta e última proba da Copa de España de Enduro volveu á vila de Ares da man do Club Pulpeiros de Mugardos e converteu a contorna de Montefaro no escenario perfecto para achegarse a unha mostra de ciclistas chegados de todo o territorio nacional. Durante toda a fin de semana, os bikers percorreron os […]
Un Numancia de Campións
Boas novas nesta fin de semana para o fútbol aresán, pois toca parabenizar ao SDR Numancia de Ares por partida dobre. Despois de asegurar o seu ascenso, o equipo sénior levouse o Campionato de Liga, mais tamén os seus xuvenís lograron a Copa Ferrol xusto na tarde de onte. A casa consistorial tinguiuse de vermello […]
Música, narración oral, poesía e moita literatura polas Letras Galegas 2024
Ares celebrou o Día das Letras Galegas con dúas programacións por parte da Concellaría de Cultura ao peche da semana pasada, sempre co galo de homenaxear a Luísa Villalta, a poeta que se conmemora neste ano, e á literatura de Galicia. Deste xeito, os versos de Villalta resoaron con forza no salón de actos da […]
CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE POSTOS NO EDIFICIO DO MERCADO MUNICIPAL DE ARES (POSTOS Nº 3, 6, 7 e 8)
Dada conta do acordo adoptado pola Xunta Municipal de Goberno en sesión celebrada o 07/05/2024, pola que se acordou efectuar convocatoria para a concesión de postos municipais no edificio do mercado municipal de Ares (POSTOS Nº3, 6, 7 e 8), faise pública dita aprobación e procédese á súa convocatoria, con arranxo ao seguinte prego. En […]
O Concello licita catro postos do mercado municipal de Ares
Nestes últimos días aprobáronse as bases que regulan as condicións do procedemento de adxudicación, tamén publicadas este xoves no Boletín Oficial da Provincia (BOP). A persoa adxudicataria dalgún dos postos abonará 30 euros ao mes, 60 euros ao ano pola auga e 118 euros pola luz. A maiores, será imprescindible abonar os 1.500 euros do […]
Comezan as actividades polo Día das Letras Galegas en Ares
As actividades que programou a Concellaría de Cultura co galo do Día das Letras Galegas arrancarán mañá, xoves, 16 de maio, co espectáculo ‘Indóciles’, unha mestura de poesía, música e narración oral a cargo de Vero Rilo, Nuria Vil e Mónica de Nut, para homenaxear o legado e a voz poética de Luísa Villalta, unha […]