Ares e Mugardos conmemoran o Voto de Chanteiro 2024

Comparte esta nota de prensa

Un ano máis Ares e Mugardos celebraron o tradicional Voto de Chanteiro, unha romaría con fondas raíces no noso territorio e que congrega a centos de persoas arredor da Ermida da Mercé.

O inicio da tradición está vencellado coa peste que asolou Europa, incluído Ferrol e comarca, durante os primeiros compases do século XV. Na crenza popular, a enfermidade remitiu grazas á intervención directa da Virxe da Mercé, á que se lle comezou a realizar ofrendas anuais en agradecemento, transformadas nun voto que aínda perdura a día de hoxe, só que acompañado por todo un ambiente lúdico e festivo. A Banda de Gaitas Ría de Ares amenizou a xornada, que estivo acompañada de boa empanada.

Fotografías: autoría de Jorge Meis, fotoxornalista de Diario de Ferrol.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.