Listaxe aprobados/as primeiro exercicio para realizar contratacións laborais temporais ou nomeamentos interinos de persoal como Traballadora Social do Concello de Ares
ACTA DA COMISIÓN SELECCIONADORA PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS OU NOMEAMENTOS INTERINOS DE PERSOAL COMO TRABALLADOR/A SOCIAL, No salón de sesións do Concello de Ares, sendo as 10:30 horas do día 9 de xuño de 2022, procédese á reunión da Comisión Seleccionadora para a “CREACIÓN DUNHA BOLSA DE […]
Anuncio resultado para a contratación de 1 Subalterno Plan PEL Diputación Concellos 2022.
CONTRATACIÓN DE 1 SUBALTERNO/A DENTRO DO PROGRAMA PEL-CONCELLOS DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE A CORUÑA. APROBADA: DÑA. MARIA SERRANO SANCHEZ. SUPLENTE: DÑA ROSA MARIA FERNANDEZ PEREZ. A PRESIDENTE DO TRIBUNAL, ANUNCIO en pdf
O Club Náutico acolleu onte e esta mesma mañá unhas novas xornadas destinadas á promoción dos deportes náuticos entre a xuventude aresán!

A iniciativa organizada entre o Concello e o propio Club Náutico, está inscrita dentro da campaña da Secretaría xeral para o Deporte da Xunta de Galicia “Imos xogar, imos ó mar”, có ánimo de incentivar as prácticas deportivas e saudables, baixo unha perspectiva lúdica, desde idades temperás. Tras as actividades de kaiak, vela, padelsurf…practicadas a […]
Ares ten unha cita na Igrexa de San Xosé para asistir ao concerto da Orquestra Infantil Sinfónica de Galicia!

Este domingo, 12 de xuño, a veciñanza de Ares ten unha cita na Igrexa de San Xosé para asistir ao concerto da Orquestra Infantil Sinfónica de Galicia! Lembramos que o evento se producirá ás 19:00 horas, totalmente de balde, e contará cunha agrupación musical dividida en dúas seccións, baixo a dirección de Enrique Iglesias e […]
Antonio Seijas presenta “Teorías do Fin” na Alianza Aresana

Mañá, 10 de xuño, ás 19:30 horas, o autor e artista aresán afondará no seu poemario, gañador do XXXVII Premio de Poesía Cidade de Ourense. A Concellaría de Cultura da localidade programa dentro da súa planificación municipal unha conversa arredor dunha das últimas obras do recoñecido aresán Antonio Seijas. Trátase de Teorías do Fin (Airas […]
O pasado 4 de xuño, Ares acolleu o XV Campionato Galego de Dominó por parellas!

Un evento con alta participación e fonda tradición na nosa contorna que arroxou o seguinte resultado: A parella formada por Victor Lago Picos e José Sedes Ameneiros, da Asociación Recreativa Deportiva Dominó C.V.M. (A Coruña), proclamouse campioa galega, no primeiro lugar, seguida por Ángel A. Corredoira Brao e José Arias Valcárcel, da Asociación Recreativa Deportiva […]
O alumnado de 2º da ESO explorou o núcleo urbano da vila

Este luns, o alumnado de 2º da ESO explorou o núcleo urbano da vila —e loitando contra a chuvia!— coma fixeran os seus compañeiros de primeiro curso. Repetiron o mesmo percorrido, visitando a taberna-museo Pedrafeita, intimamente relacionada coa memoria local e os procesos da salazón, amais do porto deportivo e pesqueiro. Subiron ao M. Presas […]
Ares será o primeiro municipio galego en contar cun equipo de remo adaptado para mulleres afectadas polo cancro de mama

O sábado, 11 de xuño, ás 11:00 horas, a Alianza Aresana acollerá a presentación das “Sereas das Mirandas”, un proxecto pioneiro en Galicia para achegar a práctica do remo e facilitar o acceso aos beneficios do deporte. A iniciativa vén de materializarse tras a unión de esforzos entre o Concello, a Universidade de Sevilla, o […]
Lembra que hoxe, martes 7 de xuño, é o día de celebración da tradicional Romaría do Voto de Chanteiro, declarada festividade local e que, por este motivo, tanto as oficinas xerais do Concello como as demais instalacións municipais permanecerán pechadas.

A programación dará comezo ás 12.00, hora na que se oficiará a misa na ermida de Nosa Señora da Mercé, dando paso á parte máis lúdica da xornada, co reparto de empanada aos asistentes e a actuación do Grupo de gaitas Aresán. No cartaz de aquí embaixo podes consultar o horario e percorrido dos buses […]
A Casa da Xuventude de Ares acolle desde hoxe, e ata o vindeiro 23 de xuño, a mostra “Xeitos” impulsada polo Grupo Bazán

Esta tarde tivo lugar a inauguración, na que estiveron presentes a concelleira de Cultura, Alma Barrón, e os representantes do Grupo Bazán, Carlos Cruz, Fran Suárez, José Amigo, David Souto e Alejandro Martínez Durante o acto de presentación a edil de Cultura lembrou que a exposición, composta por un total de 34 fotografías realizadas por […]
O SDR Numancia de Ares é de primeira rexional e campión de Liga

O SDR Numancia de Ares é de primeira rexional e campión de Liga!! Parabéns a xogadores, equipo técnico, directiva e tamén a toda a afición polo resultado e por todo o esforzo que hai detrás. Máis ca nunca, a #ailusiondunpobo
Todo está xa en marcha dende as Alfombras florales de Ares para que poidamos celebrar unha festa consolidada coma un referente cultural na nosa contorna!

Porén, aínda se precisa a máxima axuda posible para sacar adiante o traballo que implica a preparación do evento. A antiga casa rectoral e as escolas do Lago son os dous espazos habilitados para a preparación do material, como o corte de verde, e que recibirán a toda persoa que desexe botar una man! Ademais, […]