O Club Náutico acolleu onte e esta mesma mañá unhas novas xornadas destinadas á promoción dos deportes náuticos entre a xuventude aresán!

Comparte esta nota de prensa

A iniciativa organizada entre o Concello e o propio Club Náutico, está inscrita dentro da campaña da Secretaría xeral para o Deporte da Xunta de Galicia “Imos xogar, imos ó mar”, có ánimo de incentivar as prácticas deportivas e saudables, baixo unha perspectiva lúdica, desde idades temperás.

Tras as actividades de kaiak, vela, padelsurf…practicadas a semana pasada polo alumnado de Primaria do CPI As Mirandas, esta vez tocoulle o turno aos rapaces e rapazas de Secundaria, que gozaron seguindo as intrucións dos monitores, cunhas condicións favorables de tempo, aproveitando ao máximo as clases!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.