Ares celebra o Día do Libro con contacontos e presentacións literarias

A Alianza Aresana acollerá nas tardes do xoves, 21 de abril e o venres, 22, dúas actividades de entrada libre promovidas pola área de Cultura do Concello.  . A próxima semana a programación cultural do Concello de Ares porá o seu foco na conmemoración do Día Internacional do Libro o 23 de abril, unha data […]

Últimas 10 prazas na cuarta ruta do SendAres

Lembra que mañá, mércores 13 de abril, finaliza o prazo para inscribirte na costeira Ares-Chanteiro proposta dentro da nosa programación municipal de sendeirismo! Será un itinerario que arrancará o domingo, 24, e que redescubrirá a riqueza litoral e paisaxística do noso municipio, atravesando calas, miradores e baterías costeiras. O prezo (10 euros) inclúe o regreso […]

O Concello abre a inscrición para os tres cursos formativos da “Academia do Mar”

Dende hoxe, 11 de abril, ata o 19, os emprendedores, empresarios/as ou empregados do tecido hostaleiro de Ares poderán inscribirse nas formacións gratuítas a través da páxina web municipal. Haberá espazo para aprender sobre a técnica de “arte latte”, a optimización dos menús ou nocións básicas relacionadas coa conservación e envasado da comida.  . Tras […]

Ares licita a adecuación do local de Seselle

As futuras obras de reforma do edificio, co obxectivo de habilitalo para usos sociocomunitarios, suporán un investimento de 290.000 euros, derivados do convenio asinado co Instituto Galego de Vivenda e Solo. Os traballos mellorarán os teitos, a pavimentación do chan, o acondicionamento ambiental e a fachada, entre outros elementos da actual infraestrutura. A Concellaría de […]

DegustAres, unha ruta do pincho para gozar da gastronomía local

A Concellaría de Turismo e Comercio estreará un concurso de tapas, en colaboración co tecido hostaleiro de Ares, que promove o consumo local durante dúas fins de semanas de maio.  A hostalería de Ares terá un espazo para amosar o valor gastronómico dos seus pinchos no mes que vén dentro da iniciativa do “DegustAres”, o […]

O Concello presenta a segunda edición do Ares Ultramarino

O selo inclúe cursos formativos para hostalería e empresas locais, unha charla divulgativa sobre cultura ultramarina e a propia celebración do Ares Indiano. A súa posta en marcha axuda a indagar na relación que se mantén co mar dende un enfoque completo e integral. A historia, o turismo e a cultura mestúranse nunha mesma planificación.  […]

Campaña de trampeo primaveral da avespa velutina

A Asociación Galega de Apicultura (AGA) vén de publicar unha guía que recompila consellos e boas prácticas para acometer un trampeo eficiente de velutinas, tendo en conta que é precisamente nesta estación do ano cando esta tipoloxía de avespas comeza a saír do seu letargo invernal. O Concello de Ares, que colabora con AGA na […]

Alumnado do CPI As Mirandas inaugura un museo sobre Ares e a súa historia

O vestíbulo da Alianza Aresana transfórmase dende onte para amosar a exposición que organizaron nenos e nenas de 2º de primaria sobre a identidade local da vila. Durante as próximas xornadas, a biblioteca municipal da localidade converterase nun museo aberto á veciñanza sobre a cultura, o patrimonio e o pasado de Ares. “O noso museo”, […]

Ares concéntrase para amosar o seu compromiso con Ucraína e coa solidariedade entre pobos

A veciñanza, representantes municipais do goberno local, o tecido asociativo e tamén as actuais familias ucraínas residentes en Ares asistiron á concentración realizada no núcleo urbano da localidade. O acto de apoio a Ucraína organizado polo Concello arrancou onte na Praza da Constitución da vila en tres linguas. O galego, o castelán e o ucraíno […]