A Rede de Indianos do Norte presenta os produtos turísticos para difundir o patrimonio e a cultura dos seus municipios

Comparte esta nota de prensa

Lánzanse así a páxina web www.indianosdelnorte.org, para facilitar a busca de información sobre as diferentes celebracións de época, e tamén o dulce ‘Indianitos’, en homenaxe ás viaxes do propio proceso migratorio

O Palacio de Sobrellano de Comillas acolleu a semana pasada o acto de presentación da iniciativa “Embárcate na Experiencia Indianos do Norte!”, unha nova aposta que desexa promover a comercialización de produtos turísticos e culturais relacionados co patrimonio indiano das localidades que integran a Rede, entre as que se atopa Ares.

Ao evento asistiu en representación da nosa localidade o alcalde, Julio Iglesias Redondo; Jorge Gómez, técnico de turismo, e a historiadora Julia Gómez, por parte de Balmaseda; María Teresa Noceda, representante de Comillas; María Higuera Cobo, de Medio Cudeyo; Antonio Miguel Araúzo, de Pradoluengo e, finalmente, a Jesús Bordás, de Ribadedeva. Estiveron acompañados polo Conselleiro de Innovación, Industria e Turismo do Goberno de Cantabria, Francisco Javier López Marcano, e o catedrático de Historia de Arte da Universidade de Cantabria, Miguel Ángel Aramburu-Zabala Higuera.

A presentación serviu para dar conta da posta en marcha da páxina web www.indianosdelnorte.org, que facilitará a difusión das iniciativas culturais ou festivas das diferentes Feiras Indianas dos sete municipios da asociación, seguindo o espírito da propia Rede: traballar coordinadamente para conservar, protexer, manter e difundir o patrimonio indiano.

Entre os principais elementos que achega a web, encóntrase un mapa interactivo cunha selección do patrimonio da Rede; unha oficina de turismo virtual e unha sección de biografías coa que divulgar as figuras dos emigrantes de éxito e as asociacións que tanto fixeron polo benestar das súas terras de orixe.

A maiores, tamén se presentou o dulce representativo da Rede de Indianos do Norte, os “Indianitos”, produtos de ultramar con fariña de trigo e maíz, chocolate e mazá recollidos nun baúl que realiza un guiño ás viaxes dos migrantes. Este novo dulce estará á venda nas diferentes celebracións dos municipios integrantes da Rede, e polo tanto tamén poderán degustarse no noso Ares Indiano!

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.