Ares súmase á campaña internacional “Quere o teu mercado”

O Concello de Ares ven de adherirse á campaña internacional “Quere o teu mercado” promovida pola Xunta de Galicia en colaboración cos concellos, coa que se pretende apoiar, promocionar e visibilizar o papel dos mercados nas vilas, potenciando así a compra do produto local ao mostrar a profesionalidade dos praceiros e praceiras. No caso da […]

A área de Igualdade e Benestar lembra que o prazo de inscrición no servizo de conciliación laboral e familiar, “ConciliAres”, rematará o próximo martes, día 31.

O ConciliAres destínase a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos, habilitándose 40 prazas por quincena, durante os meses de xullo e agosto. Para formalizar a inscrición, deberá achegarase a documentación requirida no Departamento de Servizos Sociais da localidade, en horario de 9:00 h. a 14:00 h., ou por rexistro […]

Quinta ruta do SendAres completada!

Tras as anteriores rutas de Doniños-A Graña; Naharío-Penas Louseiras; Soaserra- Caaverio e Costa de Ares-Chanteiro; o programa municipal SendAres vén en completar a súa planificación deportiva en canto ás rutas da tempada de inverno a primaveira, coa realización da súa quinta expedición a pasada da fin de semana por terras da Costa da Morte. Así, […]

Entrega de premios do II Concurso de Escritura Creativa de microrrelatos

A Alianza Aresana acolleu na tarde de onte o acto de entrega de premios do II Concurso de Escritura Creativa de microrrelatos, promovido polo Concello e o CPI As Mirandas, enmarcado dentro da programación cultural das Letras Galegas e no que participaron un total de 104 alumnos, divididos en dúas modalidades, a de “Primaria” (4º, […]

A fin de semana supuxo o peche da programación cultural das Letras Galegas 2022

O grupo A Tajea ofreceu o sábado na Alianza Aresan un concerto co seu característico selo, poñendo coas súas letras un aire novo e fresco á música tradicional. Mentres o domingo tocou saír de viaxe a Cedeira para asistir á obra teatral “Ás oito da tarde, cando morren as nais”; unha peza escénica cunha ollada […]

Hoxe arrancaron as xornadas de “Rural-Lab Ferrolterra” que converten a Ares no municipio anfitrión dunha conversa centrada na innovación e o desenvolvemento sostible

Hoxe arrancaron as xornadas de “Rural-Lab Ferrolterra” que converten a Ares no municipio anfitrión dunha conversa centrada na innovación e o desenvolvemento sostible. O Salón de Actos da Alianza Aresana acolleu a primeira actividade, a sesión da “Aula Gabeiras”, para afondar nas oportunidades de dixitalización na contorna rural. Mais isto non acaba aquí! Mañá despregarase […]

A Serea das Mirandas descansa xa na lengüeta do paseo marítimo

Esta mesma mañá descubriuse unha nova escultura colocada no núcleo urbano de Ares: a famosa serea das illas das Mirandas repousa sobre unha das históricas ramplas do paseo marítimo para recibir a toda a veciñanza e turista que desexe coñecer a súa lenda. Dende as profundidades da ría, o animal mitolóxico emerxe e lembra a […]