Aquí embaixo atoparás os eventos e iniciativas dos que poderás desfrutar esta fin de semana en Ares

Gastronomía, música, teatro, festas do Carme ou deportes para dinamizar a nosa localidade!
ARES NO MAR – 4 rutas para afondar no patrimonio litoral da localidade

16 DE XULLO // 30 DE XULLO – ARES LITORAL (9 KM – 3,5h/4h) 23 DE XULLO // 6 DE AGOSTO – ARES URBANO (3KM – 2h/2,5h) Participación Gratuíta -Dificultade Baixa Inscricións e +INFO no 981 468 259 e na Oficina de Información Turística de Ares Inclúe: Guías titulados e seguros de accidentes e […]
O V Congreso de Fotografía de Longa Exposición recalará no Mosteiro de Santa Catalina

Nas xornadas do 29 e 30 de xullo, en horario de tarde, Ares será o epicentro dun evento focalizado na fotografía, con faladoiros e presentacións arredor de instantáneas diurnas e nocturnas. Así, o V Congreso de Fotografía de Longa Exposición de Ares (LEA) achegará ós participantes unha panorámica xeral de como traballar con astrofotografía e […]
A Concellaría de Deportes informa do cambio de data que se realizará a próxima semana nas sesións de baile latino por motivos de organización

Do martes, 19 de xullo, pasará a realizarse o luns, 18, baixo o mesmo horario (de 20:30 a 21:30). Se estás interesado/a en participar, lembra que se requiren inscricións por xornada ata as 11:00 horas do día anterior á actividade chamando ao o ☎️ 981 448 057, de luns a venres, de 🕘 9:00 a […]
O Concello convoca unha concentración en solidaridade coas víctimas do terrorismo

Mañá, mércores, 13 de xullo, cúmprense 25 anos do asesinato de Miguel Ángel Blanco, concelleiro de Ermua, por parte da banda terrorista ETA, un crimen que conmoveu e conmocionou á sociedade e institucións españolas. Con motivo deste feito, coma lembranza de Miguel Ángel Blanco, mais tamén coma recoñecemento a todas as víctimas do terrorismo, o […]
Ares acollerá a exposición “Óleos pintados con amor” de Gloria López

A Concellaría de Cultura vén de anunciar a nova exposición que se habilitará na Casa da Xuventude da localidade, complementando as anteriores programacións centradas no eido fotográfico, cunha mostra de cadros da artista Gloria López. “Óleos pintados con amor” abrirase ó público este venres, 15, ata o 30 de xullo, cunha obra pictórica que se […]
Ares comeza coas sesións de modelado 3D do seu “Xuventude Verán Activo”

Esta mesma mañá, a Aula CeMIT da Casa da Xuventude acolleu unha das principais novidades deste ano nas propostas lúdico-deportivas da Concellaría de Deportes: os obradoiros de modelado 3D para achegar as novas tecnoloxías ós mozos e mozas. Na sesión que deu comezo á actividade, a rapazada afondou no concepto detrás da impresión en 3D […]
Preto de 120 postos participaron no regreso do XI Mercado Veciñal de Ares!

O tempo acompañou nun evento concorrido que abarcou todo o paseo marítimo da nosa localidade e que dinamizou a contorna municipal. O mercado saldouse con éxito e mantendo o seu carácter máis popular, ofrecendo un espazo accesible á veciñanza para o intercambio!
Obradoiro de manualidades, debuxo e visita á praia nos primeiros compases do “ConciliAres”

A programación das actividades lúdico-educativas do servizo de conciliación laboral e familiar do municipio, o ConciliAres, centrouse durante estas últimas xornadas no desenvolvemento das habilidades artísticas e manuais, mais incluiu tamén unha exploración do patrimonio natural da vila. A semana arrancou con obradoiros de pintura de mans e confección de mariposas cos aspectos positivos dos […]
Aquí embaixo atoparás os eventos que tes á túa disposición en Ares durante esta fin de semana!

VENRES, 8 DE XULLO: Danza na praia ás 20:30 horas. SÁBADO, 9 DE XULLO: Mostra de Folclore 2022, co seu pasarrúas (19:00) e concerto (20:00 horas). DOMINGO, 10 DE XULLO: XI Mercado Veciñal polo paseo marítimo, de 9:00 a 21:00 horas
O Concello inicia o balizamento dos areais do municipio

O edil de Seguridade, José Juan Vilar, vén de informar dunha das principais accións da súa área de traballo que se están a acometer nestes días: o proceso de balizamento das praias da localidade, que arrancou xa a fin de semana pasada coa colocación provisional no posto de socorrismo próximo ó paseo marítimo da vila […]
Onte o día finalizou a ritmo de zumba!

Coma acontecerá cada xoves deste mes, na Praza da Constitución tivo lugar a primeira sesión gratuíta desta disciplina de fitness que forma parte do “Móvete VeraneAres”. As clases de zumba e baile latino ao aire libre para maiores de 12 anos volverán a próxima semana. Chama ao 981 448 057, de luns a venres, de […]