Hoxe poñemos punto e final á terceira e última quenda do programa “Xuventude Verán Activo”!
Unha proposta da Concellaría de Deportes que achegou á mocidade de Ares diferentes actividades a cabalo entre o contacto coas novas tecnoloxías, as disciplinas de raqueta e o mar. Durante todo o mes de xullo, rapaces e rapazas desfrutaron do manexo de drons e o modelado 3D, o voleipraia, o kaiak en Redes, o tenis […]
Os delfíns, a mitoloxía das Illas das Mirandas, a beleza da costa de Ares, a paisaxe litoral…
Todo iso cobra especial relevancia nas rutas turísticas que se poden facer a bordo do barco pesqueiro M. Presas! Uns percorridos cunha duración de hora e media para ver dende unha nova perspectiva o noso municipio. As rutas teñen un prezo de 8 euros para os menores e 15 euros para os adultos e estarán […]
Ares e Mugardos renovan o equipamento deportivo do Complexo Acuático do Castro
Ao longo desta semana instaláronse tres bicicletas elípticas, tres bicicletas estáticas e tres cintas de correr na súa sala de ximnasio As instalacións do Complexo Acuático do Castro, de titularidade compartida entre os Concellos de Ares e de Mugardos, contan dende os inicios desta semana con nova maquinaria no seu ximnasio, tras a renovación acometida […]
Hoxe tivemos a última xornada dos xogos nas parroquias que organiza a Concellaría de Deportes!
Os nenos e nenas de Cervás e Chanteiro viviron ao longo de xullo e esta primeira quincena de agosto unha actividade que desexa promover a convivencia entre iguais, botar unha man na conciliación das familias e traballar na dinamización social dentro da contorna do municipio.
Un centenar de nenos e nenas súmanse ó Concurso de Castelos de Area municipal
A vixésimo segunda edición desta iniciativa volveu á praia do Xuncal despois da interrupción por mor da pandemia. Preparados coas palas, os cubos e a compañía dos monitores e monitoras, a mocidade da vila achegouse ata a praia do Xuncal para participar no XXII Concurso de Castelos de Area promovido pola Concellaría de Cultura e […]
AVISO: Corte de Auga 12-08-2022
O Servizo Municipal de Augas informa de que mañá, venres, 12 de agosto, se procederá á interrupción temporal do subministro desde as 08:30 horas ata a finalización das obras de reparación dunha fuga. O corte abarcará o núcleo rural de Seselle e na marxe dereita da estrada DP0401 (Ares- Redes) desde o cruce da avenida […]
As Sereas das Mirandas, o primeiro equipo de remo terapéutico a nivel galego, arranca coa súa actividade
Esta mesma semana, as mulleres que forman parte desta iniciativa de rehabilitación física e mental coñeceron a tipoloxía de embarcación que empregarán, un catro de mar, e iniciaron os exercicios nos ergómetros. As instalacións do Club de Remo de Ares acolleron nestas últimas datas unhas xornadas especiais: tanto este martes, 9 de agosto, coma durante […]
Unha Praza do Pedregal repleta para ver o desfile da marca Chula Fashion!
O traballo de Laura Fontán e Diego Cortizas despregouse onte coa súa característica variedade de formas, cores e deseños e poñendo en relación a cultura española coa vietnamita. Unha mostra de moda que se basea, ademais, no concepto “slow fashion” e na produción sostible, ética e inclusiva. O desfile foi tamén unha homenaxe a Diego, […]
ACTIVIDADES DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2022-2023 MÓVETE!
– PILATES (+14 ANOS) ONDE: No pavillón polideportivo municipal – Sala de Usos Múltiples. CANDO: Luns e mércores de 19:30 a 20:30 horas. Martes e xoves de 9:30 a 10:30 horas. PREZO: 19,52 € – IOGA 1 (+14 ANOS) ONDE: Na Casa da Xuventude. CANDO: Luns e mércores de 11:00 a 12:30 horas. PREZO: 22,23 […]
O Concello anuncia as actividades deportivas municipais que se ofertarán a partir de setembro
Abriranse dous procesos de inscrición: un hoxe, 10 de agosto en adiante para os empadroados/as e outro, xa o 24 de agosto en adiante, para os non empadroados/as, ambos ata completar grupos. A Concellaría de Deportes vén de informar sobre as actividades municipais que se porán a disposición da veciñanza xa dende o 1 de […]
Ares en marcha contra o cancro
O 11 de setembro (11:00 horas) o noso municipio contará cunha andaina solidaria promovida pola Asociación Contra o Cancro en Ares, en colaboración co propio Concello! Serán 6 quilómetros de percorrido dende a praia do Xuncal – paseo marítimo – Poellas – Praia de Centeás – Praia da Barrosa e volta ó paseo marítimo da […]
Última proxección do cine ao aire libre
Mañá, xoves, 11 de agosto ás 22:00 horas, contaremos coa última película que compón o ciclo de cine ao aire libre do noso VeraneAres 2022. Será a quenda de “Bella y el circo mágico”, un relato sobre a maxia da amizade ao longo dunha aventura por estrada para salvar o circo de Bella, a protagonista […]