Lista provisional admitidos/as do proceso selectivo para a contratación laboral do Alumnado do Obradoiro de Emprego Reinicia IX.
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA Nº 427/2022 DE 14 DE SETEMBRO DE 2022. Asunto: LISTA PROVISIONAL ADMITIDOS/AS DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL DO ALUMNADO DO OBRADOIRO DE EMPREGO REINICIA IX. A Consellería de Economía, Emprego e Industria publicou no DOG nº 46 a Orde do 21 de decembro de 2019 pola que se establecen as […]
Manuel Carballeira Rivas gaña o XV Concurso de Pintura Manuel Rebón
Juan Manuel Álvarez Romero conseguiu o primeiro premio coma mellor artista local, namentres que Eduardo Pérez Baamonde e Méndez Pérez de Arévalo recibiron os accésits. Dende mañá, 15 de setembro, habilitarase unha exposición no CIRS de Cervás con todos os cadros presentados no certame aresán. Alma Barrón, concelleira de Cultura da localidade, desvelou esta mañá […]
O M. Presas continúa coas súas rutas marítimas ata o 15 de outubro!
Durante as fins de semana, cun prezo de 8 euros para menores e 15 euros para os adultos, podes achegarte á cultura mariñeira de Ares ou descubrir a beleza da súa paisaxe costeira a través dos percorridos pola ría. Unha oportunidade incluso para afondar na mitoloxía local, navegando moi preto das increíbles Illas das Mirandas. […]
Esta semana conclúen as visitas guiadas ao alboio de Redes e ó Mosteiro de Santa Catalina!
Xusto hoxe as técnicas de turismo de Ares realizaron o último percorrido nas instalacións do alboio, coma veñen facendo ao longo dos meses de xullo e agosto, para divulgar o patrimonio mariñeiro do municipio. Porén, aínda estás a tempo de sumarte á ruta guiada e totalmente gratuíta polo Mosteiro de Santa Catalina que levarán a […]
Onte quedou oficialmente inaugurada a exposición “Nós somos elas” que se atopa ata o 25 de setembro no salón de actos e na entrada da Alianza Aresana.
Victoria Montenegro, concelleira de Igualdade e Benestar, e o director e a abogada do Centro de Información á Muller (CIM) de Ares acudiron ás instalacións municipais para presentar esta mostra composta de 24 fotografías do Arquivo Vidal, cada unha acompañada ademais cun texto dunha creadora contemporánea. O século XX ponse así en relación co século […]
Dous cadros da exposición “Paisaxes de Ares e Caamouco” veñen de ser doados polo pintor Luis da Silva Santiago, o Portuxés, ao Concello!
Esta mesma mañá, a edil de Cultura, Alma Barrón, visitou o andar superior da Casa da Xuventude para reunirse con Luis da Silva e achegarse ás composicións pictóricas que entregará tras a finalización da súa mostra pictórica. O mar coma substrato da identidade aresá, o abano de tonalidades da luz no municipio ou a morfoloxía […]
Resultado primeira proba para a creación dunha listaxe de reserva para a cobertura das eventuais vacantes ou ausencias que se poidan dar nos postos de Limpiador/a Municipal
ACTA DA COMISIÓN SELECCIONADORA PARA A CREACIÓN DUNHA LISTAXE DE RESERVA PARA A COBERTURA DAS EVENTUAIS VACANTES OU AUSENCIAS QUE SE POIDAN DAR NOS POSTOS DE LIMPIADOR/A MUNICIPAL PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS OU NOMEAMENTOS INTERINOS No salón de sesións do Concello de Ares, sendo as 10:30 horas do día 9 de setembro de 2022, […]
O programa municipal do SendAres 21-22, coordinado pola Concellaría de Deportes, puxo fin a toda a súa actividade durante esta fin de semana pasada desfrutando da riqueza paisaxística de Asturias
En dúas etapas, os sendeiristas descubriron as fouces do Esva e, logo, a Senda de Naviega; espazos increíbles marcados pola natureza, o mar e un camino que transita de maneira lineal cos cantís!
Ares propón unha viaxe a Lugo polo San Froilán
A Concellaría de Igualdade e Benestar facilita o desprazamento á veciñanza de calquera idade que desexe desfrutar dunha celebración xa consolidada dentro do outono galego. Habilitarase un autobús para ir á cidade lucense o venres, 7 de outubro, cun custe de 10 euros ida e volta. Será necesario apuntarse previamente dende hoxe nos Servizos Sociais […]
E Ares marchou contra o cancro!
A xornada vivida onte exemplificou o forte compromiso da nosa localidade cunha causa solidaria que é fundamental na sociedade actual. Preto de 300 persoas percorreron a costa do municipio nunha andaina con carácter interxeracional: dende os máis pequenos ata os máis maiores aproveitaron a boa climatoloxía para colaborar coa Asociación Española Contra o Cancro en […]
ESCOLAS DEPORTIVAS E CULTURAIS MUNICIPAIS 2022-2023
– XADREZ (+4 ANOS) ONDE: Na Casa da Xuventude. CANDO: Mércores de 17:30 a 18:30 horas. PREZO: 8,88 € (menores)// 13,06 euros (adultos) – TENIS (+6 ANOS) ONDE: No pavillón polideportivo municipal. CANDO: Martes e xoves de 18:30 a 20:00 horas. PREZO: 11,85 € – MINIBALONCESTO (6 A 16 ANOS) ONDE: No pavillón polideportivo municipal. […]
O Concello anuncia a oferta de escolas deportivas e culturais dispoñibles a partir de outubro
A veciñanza aresá poderá achegarse a diferentes iniciativas que van dende o tenis, o voleibol ou a vela lixeira á danza moderna, a pintura infantil e a gaita. O prazo de inscrición para os empadroados/as arrancará xa o próximo luns, 12 de setembro, ata completar grupos, cun proceso integramente telemático a través da páxina web […]