Ruta do SendAres completada!

Comparte esta nota de prensa

Onte, os sendeiristas que se animaron a sumarse á ruta do programa municipal da Concellaría de Deportes, SendAres, exploraron os muíños de Esmelle e o mirador de Pedrouzo. Descubriron o seu pequeño val e os regatos que desembocan na praia de Esmelle, mais tamén gozaron das vistas do mirador, onde aínda fica un antigo búnker das baterías de costa do Golfo Ártabro.

Uns 11 quilómetros de percorrido que nos deixaron fotografías coma estas que atoparás aquí embaixo!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Unha xornada de pesca e tradición en Chanteiro

Compartimos algunhas imaxes do XXXIII Concurso de Pesca Deportiva, organizado polo Centro Cultural Outeiro de Chanteiro en homenaxe a Lolo do Outeiro e Andrés Pedre.