O Concello presenta o IV Plan de Igualdade para o período 2022-2026
O documento configúrase coma unha guía operativa que fortalece a perspectiva de xénero na actividade da institución local, incluíndo 5 áreas estratéxicas de traballo e 38 medidas específicas a adoptar. Todo o grupo de goberno local presentou esta mesma mañá o IV Plan de Igualdade entre homes e mulleres do Concello de Ares, acompañados polo […]
A segunda das iniciativas que celebran o Día do Orgullo Neofalante coma parte da programación municipal xa está lista no CPI As Mirandas!
Dende hoxe, luns 3, ata o venres, 7 de outubro, a comunidade educativa ten á súa disposición a mostra “Cantámola”, un conxunto de 14 paneis que chegan a a través do Servizo de Normalización Lingüística que comparte o mesmo Concello con Cabanas, Valdoviño, Mugardos e Neda. A exposición afonda na oferta musical de Galicia e […]
O obradoiro dual de emprego Reinicia IX pon en marcha a súa actividade teórico-práctica para os próximos 12 meses
O salón de actos da Alianza Aresana acolleu a inauguración do programa coa presenza das autoridades implicadas na novena edición. Desta volta, achegarase formación en Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e Traballos de Carpintería e Moble, incluíndo aplicación de vernices e lacas. A concelleira de Emprego de Ares, Alma Barrón; os rexedores […]
Ares participará de novo na limpeza simultánea de praias promovida pola Asociación Ecoloxista ADEGA durante este mes de outubro!
A Agrupación Instrutiva de Caamouco súmase á súa convocatoria coa colaboración do Concello para limpar a Praia de Area Morta (Redes) nunha iniciativa que busca visibilizar o impacto do lixo no mar e areais galegos. Realizarase o sábado, 15 de outubro, comezando preto das 11:00 horas. Se desexas botar unha man, realiza a túa inscrición […]
O pasado 1 de outubro, por mor do Día do Orgullo Neofalante, o humor de Cándido Pazó chegou á Alianza Aresana co seu espectáculo “Botando a lingua a pastar”
Historias, retranca e, coma pano de fondo, mesmo reflexións arredor da lingua galega nesta actuación promovida pola Concellaría de Cultura! Con todo, durante esta semana tamén se continuará coa programación coordinada co Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade para celebrar e homenaxear ao neofalantismo, desta volta achegándose ó público máis mozo coa exposición “Cantámola” no […]
Candido Pazó chega mañá en Ares para celebrar o Día do Orgullo Neofalante
A Alianza Aresana contará mañá sábado, 1 de outubro, data oficial de homenaxe ao neofalantismo, co espectáculo de Cándido Pazó “Botando a lingua a pastar”. O recoñecido narrador e actor ofrecerá ás 19.30 un monólogo no que mestura contos de tradición oral con historias propias, unha actuación aberta a todo o público que tamén inclúe […]
O Concello lanza as dúas novas rutas coas que percorrer a memoria litoral de Ares
Os itinerarios xa están dispoñibles no Wikiloc e na páxina web municipais, no tocante ó formato dixital, mais tamén en díptico para a súa difusión física. O desenvolvemento das rutas con temática mariñeira, que transitan polas ribeiras aresáns e o porto de Redes, inscríbense dentro do proxecto “Ares Descobre” coordinado pola área de Deportes. Dous […]
RUTA 4: Porto de Redes
RUTA 4: Porto de Redes Entre punta Mourón e a praia do río Sandeo avistábanse antigamente unhas aparatosas estruturas con decenas de redes colgadas a secar. Esta postal costumista derivou en que este lugar fose bautizado co nome de Porto de Redes, na parroquia de Caamouco. Coñecer Redes e parte da súa contorna litoral é […]
RUTA 3: Ribeiras de Ares
RUTA 3: Ribeiras de Ares Descubrir as ribeiras desta parte da costa de Cervás é rememorar a vida e costumes de moitos aresáns. Desde o Centro Cultural de Outeiro parte este paseo para todos os públicos. Coñecer detidamente algúns dos puntos das ribeiras onde as xentes do lugar pasaron gran parte dos seus momentos é […]
RUTA 2: Cervás – Chanteiro – Cervás
RUTA 2: Cervas – Chanteiro – Cervas Este percorrido transcorre integramente pola parroquia de Cervás. O seu cemiterio é o punto de partida e chegada deste roteiro circular que bordea a Punta Coitelada. Os xistos, lousas e cuarcitas deixan paso ás paisaxes graníticos e acompañan á panorámica que en días despexados pode chegar ata a […]
RUTA 1: Ares – Castro de Sta. Mariña
RUTA 1: Ares – Castro de Sta. Mariña Este roteiro circular que parte do Petelo, xunto ao Club de remo de Ares, ofrece un percorrido costeiro para descubrir as calas, illotes, cantís e bosques litorais que forman parte do gran patrimonio natural do territorio de Ares. Na parte final deste traxecto poderás observar parte do […]
Corrección de erro material advertido na acta do día 19/09/2022 da comisión seleccionadora para a creación dunha listaxe de reserva para a cobertura das eventuais vacantes ou ausencias que se poidan dar nos postos de limpiador/a municipal para realizar Contratacóns Laborais Temporais ou Nomeamentos Interinos.
CORRECCIÓN DE ERRO MATERIAL ADVERTIDO NA ACTA DO DÍA 19/09/2022 DA COMISIÓN SELECCIONADORA PARA A CREACIÓN DUNHA LISTAXE DE RESERVA PARA A COBERTURA DAS EVENTUAIS VACANTES OU AUSENCIAS QUE SE POIDAN DAR NOS POSTOS DE LIMPIADOR/A MUNICIPAL PARA REALIZAR CONTRATAC IÓNS LABORAIS TEMPORAIS OU NOMEAMENTOS INTERINOS. Visto o escrito presentado por Dna Fátima Dfaz Alvarez […]