Ares volve a Santiago de Compostela para gozar do teatro de “Shakespeare en Roma”

Comparte esta nota de prensa

A Concellaría de Cultura programa unha visita ao Salón Nobre do Pazo de Fonseca o domingo, 26 de marzo (19:00 horas), sumándose ao Plan de Mobilidade do Centro Dramático Galego.

O servizo de transporte é gratuíto e a representación terá un desconto nas entradas: custarán 3 euros por persoa. As inscricións para a iniciativa xa están abertas vía telefónica no 981 448 057 ou presencial na biblioteca municipal de Ares.

A concelleira de Cultura, Alma Barrón, vén de anunciar a incorporación de Ares ao Plan de Mobilidade do Centro Dramático Galego (CDG), tendo en conta o éxito entre a veciñanza de anteriores convocatorias. Así, será posible que os e as aresáns viaxen de balde ata o Pazo de Fonseca na tarde do domingo, 26 de marzo, en Santiago de Compostela, para coñecer a obra “Shakespeare en Roma” (19:00 horas), unha composición teatral que se basea nos textos do clásico dramaturgo británico.

O espectáculo nace coma unha oportunidade para ver en escena versións adaptadas de catro pezas de William Shakespeare, condensadas en actuacións de 35 minutos e reescritas por diferentes directores e directoras. Sobre a tarima do escenario produciranse relatos que falan da loita polo poder, da guerra e da violencia en tres momentos da historia: o presente, o período Isabelino e a Roma Clásica, traballando coas pezas teatrais de Coriolano, Xulio César, Antonio e Cleopatra e Tito Andrónico.

O servizo de transporte gratuíto sairá na xornada do 26 de marzo ás 16:00 horas da Porta do Sol de Ares. Para o desfrute da actividade, só será necesario pagar o prezo especial das entradas, 3 euros, e inscribirse dende hoxe mesmo no 981 448 057 ou de maneira presencial na biblioteca municipal de Ares.

A iniciativa, ademais, vencéllase co Día Internacional do Teatro que se conmemora o 27 de marzo, xusto ó día seguinte: será unha boa oportunidade para celebralo!!

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,