Ares ten unha cita na Igrexa de San Xosé para asistir ao concerto da Orquestra Infantil Sinfónica de Galicia!

Comparte esta nota de prensa

Este domingo, 12 de xuño, a veciñanza de Ares ten unha cita na Igrexa de San Xosé para asistir ao concerto da Orquestra Infantil Sinfónica de Galicia!

Lembramos que o evento se producirá ás 19:00 horas, totalmente de balde, e contará cunha agrupación musical dividida en dúas seccións, baixo a dirección de Enrique Iglesias e Jorge Montes. Os nenos e nenas interpretarán obras de Tchaikowsky, pezas de Jenkins, Warlock, Sibelius… é dicir, composicións de alto nivel e alta profesionalidade no núcleo urbano da vila!

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Unha xornada de pesca e tradición en Chanteiro

Compartimos algunhas imaxes do XXXIII Concurso de Pesca Deportiva, organizado polo Centro Cultural Outeiro de Chanteiro en homenaxe a Lolo do Outeiro e Andrés Pedre.