Ares pon en marcha o seu Programa de Compostaxe Doméstica

Comparte esta nota de prensa

O Concello de Ares fará entrega de composteiros nas vivendas unifamiliares que o soliciten. Os residentes nunha vivenda illada que conte cunha parcela ou horta dun mínimo 25m2 poden solicitalo, ben chamando ao teléfono do Concello 981 468102 ou ben a través do código QR que se habilitou para facer o trámite online.

O composteiro que se entregará, ten capacidade para 400 litros, debe situarse no exterior da vivenda, nunha zona sombreada e protexida das inclemencias meteorolóxicas, preferiblemente baixo unha árbore de folla caduca e en contacto directo coa terra para facilitar a entrada dos microorganismos descompoñedores.

A concelleira de Medio Ambiente, Lucía Blanco, contextualizou a iniciativa municipal, explicando que o obxectivo da compostaxe é que a autoxestión da materia orgánica se erixa como unha práctica habitual nas zonas máis dispersas, dadas as súas incuestionables vantaxes ambientais, económicas e sociais. “Trátase, en definitiva, de recuperar unha tradición asentada no rural galego, como é a segregación dos restos orgánicos para alimento do gando e/ou elaboración de compost, pero dunha forma máis óptima, hixiénica, cómoda e eficiente”, sinalou e edil.

FORMULARIO ONLINE: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScHTWk_pWqjsH-HCSnsmB2fzzrwZ2UMSM7_iueq5AB5gmfKeA/viewform

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña