Ares conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da Muller 2023

Comparte esta nota de prensa

O Concello de Ares adhírese á declaración institucional con motivo do 8M aprobada pola Federación Española de Municipios e Provincias, entendendo esta data coma un día de celebración dos avances obtidos ao longo da historia, mais tamén de reivindicación polo que aínda queda por acadar en materia de igualdade entre homes e mulleres.

Ampliar o sistema de atención ás víctimas de todas as formas de violencia machista, incorporar a perspectiva de xénero en toda a actividad local, actualizar os protocolos de actuación ou intensificar os esforzos no desenvolvemento das políticas encamiñadas a fomentar o empoderamento, o emprego e a educación para a igualdade de oportunidades son algunhas das propostas recollidas na declaración institucional da FEMP.

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL en PDF: DECLARACIÓN en pdf

 

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,