Tras o reconto das inscricións para Camiña pola Igualdade, dende a Concellaría de Deportes e o Departamento de Servizos Sociais queren agradecer a considerable involucración da localidade para a dinamización destas dúas andainas que conmemoran o Día Internacional da Muller!

Contabilizados os rexistros tanto telemáticos coma físicos, o total de inscritos/as elévase a máis de 200 persoas! Un número que amosa o interese xerado e a necesidade de continuar coas reivindacións a prol da igualdade de xénero e a procura de maiores dereitos para as mulleres. Xa sabes: este sábado, camiña por Ares para construír […]

O foodtruck da campaña Galicia sabe a Mar xa está en Ares!

Achégate ata alí para degustar gratuitamente produtos do mar galegos, coma o mexillón en escabeche con faba lourenzá, en horario de mañá, de 12:00 a 15:00 h., e de tarde, de 16:30 a 19:30 h. Poderás atopalo no paseo marítimo da localidade, ao carón do consistorio. Aproveita e goza dunha mostra da gastronomía galega!

Ares conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da Muller 2023

O Concello de Ares adhírese á declaración institucional con motivo do 8M aprobada pola Federación Española de Municipios e Provincias, entendendo esta data coma un día de celebración dos avances obtidos ao longo da historia, mais tamén de reivindicación polo que aínda queda por acadar en materia de igualdade entre homes e mulleres. Ampliar o […]