2024-Academia AresXSalud-Charla_adultos maiores, como activarnos

Ares conclúe unha nova charla de Academia AresXSalud: ‘Adultos maiores, como activarnos‘

Comparte esta nota de prensa

A Alianza Aresana acolleu o venres pasado a penúltima sesión das charlas de Academia AresXSalud, desta volta cunha ponencia divulgativa que afondou nos bos hábitos que se poden instaurar no día a día para autocoidarse e mellorar a calidade de vida en xeral.

Baixo o título ‘Adultos maiores: como activarnos’, o psicólogo e educador físico Jose Antonio Barcia Tucceli fixo fincapé na importancia de comprender a fraxilidade e traballala, tendo en conta que tanto corpo coma mente están interrelacionados e é esencial coidar ambos aspectos para gañar en saúde.

O evento estivo promovido pola Concellaría de Benestar, coma toda a Academia AresXSalud, un programa educativo para fomentar hábitos saudables na veciñanza.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.