Ares completa a instalación de 40 novos paneis fotovoltaicos no depósito de Os Castros

Comparte esta nota de prensa

A Concellaría de Urbanismo informou hoxe da substitución completa dos equipos fotovoltaicos no depósito de Os Castros, unha montaxe que vén de rematar recentemente e que supón contar cunha infraestrutura en enerxía sostible totalmente nova.

Así, poderase cubrir canto menos o 25 % do consumo que require a prestación de servizo de abastecemento de auga, grazas ós 40 paneis xa instalados. A  intervención de renovación implicou un investimento de 27.448,40 euros, IVE incluído, asumido entre o Instituto Enerxético de Galicia (14.220 euros) e o Concello (13.228,40 euros), e supón continuar dando pasos na procura de medidas de aforro enerxético en toda a vila de Ares.

“Nos últimos anos, o Concello foi incorporando aos espazos municipais cada vez máis paneis fotovoltaicos, principalmente polo noso compromiso pola mellora da eficiencia enerxética, a procura da sostibilidade e a redución do impacto medioambiental. É parte dun traballo continuo de modernización e renovación da nosa rede enerxética aos novos tempos”, declarou Olimpia Marcos, de cara a contextualizar esta última instalación sobre o depósito de Os Castros.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Unha xornada de pesca e tradición en Chanteiro

Compartimos algunhas imaxes do XXXIII Concurso de Pesca Deportiva, organizado polo Centro Cultural Outeiro de Chanteiro en homenaxe a Lolo do Outeiro e Andrés Pedre.