Ares comeza coas rutas turísticas en barco pola ría

Comparte esta nota de prensa

O Concello lanza o servizo de “Ares desde o Mar” para explorar e percorrer os principais puntos costeiros do municipio.

A posta en valor do patrimonio litoral e a divulgación da cultura mariñeira serán os dous eixos da iniciativa.

A concelleira de Turismo, Lucía Blanco, vén de anunciar esta mesma mañá as novidades relacionadas co servizo de rutas turísticas en barco a bordo do pesqueiro M. Presas. Os percorridos pola costa de Ares estarán xa dispoñibles dende mañá, 15 de xuño, ata o 15 de outubro, durante as fins de semana, cun prezo de 8 euros para menores e 15 para os adultos.

Este verán, as rutas terán unha duración de hora e media (90 minutos), divididas nun horario de mañá e outro de tarde. Así, o M. Presas navegará de 11:00 a 12:30 horas; de 12:30 a 14:00; de 17:00 a 18:30 e, finalmente, de 18:30 a 20:00, xa preto do atardecer.

A maiores, contémplase a posibilidade de realizar viaxes para grupos ou familias fóra destes días ou horarios, sempre que non excedan do tope de 12 persoas, por un prezo de 120 euros, para o que haberá que solicitar a reserva cun mínimo de tres días de antelación.

Os paseos inclúen a visita aos principais atractivos costeiros de Ares, como as rochas das Illas das Mirandas, o Mourón ou o porto de Redes, amais de estar imbuidos da esencia pesqueira e mariñeira: nasas, aparellos para a pesca…

ARES AZUL, O SELO PARA AFONDAR NO VALOR DO MAR

Este servizo de rutas marítimas que vén de presentarse hoxe é un dos eixos da planificación que promove a Concellaría de Turismo baixo o nome de “Ares Azul”, unha liña de traballo centrada en divulgar o enorme valor e impacto do eido marítimo na propia localidade. Dende as praias ata a elementos urbanísticos como o paseo da vila, “Ares Azul” explora a identidade litoral e ponse en relación cos roteiros de sendeirismo impulsados en colaboración coa ºmunicipais, neste caso o “Ares Verde”.

“Conectando plans de traballo podemos construír unha oferta turística máis completa, que non esqueza o deporte, como facemos coas rutas de sendeirismo municipais, nin tampouco a cultura, como se está a facer co Ares Indiano e Ultramarino”, expuxo Lucía Blanco dende a área de Turismo.

As persoas interesadas en desfrutar do servizo de rutas marítimas poden ampliar a información e reservar praza nos teléfonos 609 224 223 e 981 468 259 ou acudindo á Oficina de Turismo.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña