Ares achégase a Equiocio para expoñer o valor turístico do municipio

Comparte esta nota de prensa

O alcalde da localidade, Julio Iglesias, e a concelleira de Turismo, Lucía Blanco, asistiron ó acto de inauguración do certame, no que Ares conta tamén co seu propio stand de información.

O arranque do certame de hípica de Equiocio, situado en Covas, supón unha oportunidade para que as localidades inscritas baixo o xeodestino Ferrolterra-Rías Altas divulguen os seus recursos turísticos. Precisamente co obxectivo da difusión en mente, a Concellaría de Turismo vén de xestionar a posta en marcha dun stand propio por segundo ano consecutivo no seo do evento, inaugurado oficialmente hoxe e que se prolongará ata o domingo, 7 de agosto.

O stand configúrase coma unha actuación para promover un mellor posicionamento turístico de Ares, recalando nunha iniciativa con gran afluencia e que cada vez medra máis non só no eido deportivo, senón tamén no social.

Desta maneira, no posto aresán poderase atopar información sobre o Ares Indiano, a que é xa unha das celebracións referencia do municipio en termos culturais e turísticos; varios contidos sobre o patrimonio arquitectónico da localidade, coma o Mosteiro de Santa Catalina; información sobre as rutas marítimas no M. Presas ou folletos centrados nos roteiros sendeiristas pola costa do Concello.

Ao acto de inauguración realizado hoxe asistiron Julio Iglesias, alcalde do municipio, e Lucía Blanco, concelleira de Turismo, en representación de Ares, sumándose así ó resto de concellos que participan en Equiocio.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña