Ares abre a súa Oficina de Información Turística Municipal

Comparte esta nota de prensa

Dende onte, a veciñanza pode acudir a consultar a oferta de actividades do Concello, como as rutas en barco, o servizo de aluguer de bicicletas ou as visitas ao Mosteiro de Santa Catalina, mais tamén informarse dos principais atractivos da localidade.

Estará aberta até outubro, inclusive, tanto en horario de mañá como de tarde.

O Concello vén de abrir a Oficina de Información Turística (OIT) durante a xornada de onte, habilitando así a atención aos visitantes que se acheguen até alí para explorar as diferentes alternativas de turismo e ocio que achega Ares.

Até rematado o mes de outubro, as persoas interesadas poderán acudir en horario de luns a venres, de 10:00 a 13:00 h. e de 17:00 a 20:00 h., ou os sábados, domingos e festivos, de 10:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 20:00 h. na franxa de tarde.

A OIT de Ares serve como punto tanto de obtención de información sobre os principais produtos turísticos da localidade como espazo de tramitación de reservas, sendo un lugar fundamental para que o visitante consiga unha panorámica completa do municipio: rutas de sendeirismo, contexto sobre o pasado indiano aresán, as riquezas patrimoniais da contorna e outros ítems de relevancia.

Desta volta, haberá diferentes servizos a disposición do turista, comezando polas xa activas rutas a bordo do barco pesqueiro M. Presas, Ares dende o Mar, que durante os sábados e domingos navegan pola ría para descubrir os tesouros litorais do municipio, dende o Porto de Redes ás Illas das Mirandas, obxecto de lendas locais, ou o Mourón.

Tamén se promoverán os percorridos guiados polo Mosteiro de Santa Catalina, uns itinerarios para coñecer a historia dun inmoble de enorme valor patrimonial cada luns e xoves, de 11:00 a 13:00 horas, sen necesidade de que haxa ningún proceso de inscrición previa. Alí estarán as técnicas de turismo de Ares para guiar aos visitantes a través do paso do tempo que agochan as pedras de Santa Catalina.

Por último, os próximos días habilitarase o BicicletAres, o servizo municipal de aluguer de bicicletas para moverse pola localidade dende a sostibilidade e a comodidade, tendo en conta a morfoloxía plana da vila.

Para obter máis información, está dispoñible o teléfono 981 468 259.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña