Aprazada a visita ao Centro Dramático Galego por positivos en covid-19

Comparte esta nota de prensa

A actividade cambiará a súa data ao 26 de febreiro, mantendo todas as condicións de gratuidade e desprazamento.

As persoas xa inscritas serán contactadas para confirmar o seu interese e/ou dispoñibilidade na nova programación do evento.

A área de Cultura vén de comunicar esta mañá o aprazamento da visita ao espectáculo teatral “A Peste”, no Centro Dramático Galego de Santiago de Compostela. A actividade vén de verse afectada pola presenza de positivos en covid-19 no equipo actoral que compón a iniciativa, obrigando a retrasala e procurar unha nova data de realización.

Así, a Concellaría de Cultura de Ares e o Centro Dramático Galego reprogramarán a visita para o sábado, 26 de febreiro, baixo un horario de tarde semellante e coas mesmas condicións de gratuidade, incluíndo transporte e entrada á función teatral dirixida por Cándido Pazó.

A maiores, contactarase coas persoas que xa teñan reservadas as súas prazas para confirmar o seu interese na nova data.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña