A XXX Milla Urbana volveu ao noso municipio para encher a Praza da Igrexa!

Comparte esta nota de prensa

O evento amosou de novo o seu carácter popular e festivo, achegando unha visión lúdica e interxeracional do deporte. Veciñanza, visitantes e familiares animaron ós corredores e corredoras nun día de boa climatoloxía e coa brisa da ría de pano de fondo.

Dende os prebiberóns ata os máis adultos, 389 participantes percorreron o paseo marítimo de Ares e fixeron que a Milla Urbana regresara aos niveis prepandémicos de afluencia. Houbo tamén marxe para a entrega de premios de todas as categorías, incluíndo ao corredor máis novo e máis veterán, a maiores dos gañadores/as, a través das concelleiras Noelia Montero e Alma Barrón!

Podes consultar todos os resultados nesta ligazón:
https://carreirasgalegas.blob.core.windows.net/docs/21cb3d25-1eb3-2b87-e42b-3a05865a0375-ResultadosMilla%20Ares%202022.pdf

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña