CARTEL-Charla divulgativa-Adultos_maiores, como activarnos

A vila de Ares acolle a charla divulgativa “Adultos maiores: como activarnos?” o próximo venres, 12 de abril

Comparte esta nota de prensa

A ponencia, organizada polas Concellarías de Deportes e Benestar, realizarase ás 19:00 horas no salón de actos da Alianza Aresana, no marco da iniciativa Academia AresXSalud.

O psicólogo e educador físico Jose Antonio Barcía Tucceli debullará como existen pequenas decisións no día a día que poden mellorar a nosa calidade de vida, amais de comprender a fraxilidade e traballar para entrenar a nosa saúde fronte a ela.

A penúltima charla divulgativa da Academia AresXSalud que promove o Concello chega este venres, 12 de abril, ás 19:00 horas ao salón de actos da Alianza Aresana, baixo o nome “Adultos maiores: como activarnos?”. Desta volta, trátase dunha ponencia dirixida ás persoas adultas en xeral e que fará un percorrido polo estado da sociedade tras a covid-19, amais de afondar en como podemos superar a fraxilidade e os problemas dentro da rutina.

Durante unhas horas, reflexionarase sobre o contexto de vida contemporáneo e, tamén, sobre as decisións que podemos tomar para mellorar a nosa calidade de vida, apoderándonos e aplicando un cambio de enfoque na  perspectiva que mantemos da cotiandade. O obxectivo último da ponencia: apoderar aos adultos maiores na súa toma de decisións.

O educador físico e psicólogo Jose Antonio Barcia Tucceli, especializado en psicoloxía do Deporte, conducirá a sesión enteira, que ten entrada libre até completar o aforo do salón de actos.

01 ACADEMIA XSALUD ARES 2024

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.