2024-Os actos e as profecias-Visita_Ares-1

A veciñanza aresá, en Compostela para desfrutar do teatro

Comparte esta nota de prensa

A través do autobús que fletou a Concellaría de Cultura e no marco do Plan de Mobilidade do Centro Dramático Galego (CDG), 36 veciños e veciñas viaxaron até Santiago este sábado e gozaron da obra teatral ‘Os actos e as profecías’, un espectáculo que toma coma fío condutor os talent shows, un dos formatos televisivos de maior éxito nos últimos anos.

Dirixido por Tamara Canosa e coa dramaturxia dela mesma e Xacio Baño, o salón teatro de Santiago converteuse no espazo central dunha obra na que se abordan temáticas coma a competitividade, as presións constantes, as esixencias para o recoñecemento profesional e as expectativas de superación.

2024-Os actos e as profecias-Visita_Ares-2

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña