A pintura regresa á Casa da Xuventude coa exposición “Paisaxes de Ares e Caamouco”

Comparte esta nota de prensa

A obra pictórica de Luis da Silva Santiago (O Portuxés) estará dispoñible dende mañá, 2 de setembro, ao 15 no andar superior do edificio municipal.

A Casa da Xuventude de Ares acollerá unha nova exposición volvendo ó eido pictórico para achegar a obra de Luis da Silva Santiago, “O Portuxés”, coma así vén de anunciar a Concellaría de Cultura da localidade.

Mañá, 2 de setembro, inaugurarase “Paisaxes de Ares e Caamouco”, un conxunto de cadros que percorren o noso municipio para facer fincapé na riqueza paisaxística da contorna e que amosa o seu patrimonio natural.

A mostra poderá visitarse ata o 15 de setembro no último andar da Casa da Xuventude, de luns a xoves, dende as 10:00 ás 14:00 horas. Os venres tamén estará dispoñible no mesmo horario de mañá, mais sumará unha franxa de tarde (de 17:00 a 20:00 horas).

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña