A Concellaría de Cultura organiza a Sétima Edición do Concurso de Fotografía Xuvenil Concello de Ares

Comparte esta nota de prensa

A Concellaría de Cultura, a través da OMIX, convoca a que será a sétima edición do Concurso de Fotografía Xuvenil Concello de Ares.

O prazo de presentación das imaxes comeza este mércores, día 18, e permanecerá aberto ata o sábado 4 de novembro. Durante este período, as persoas que desexen participar no certame poderán facelo enviando as súas fotografías (sendo dúas o máximo establecido) ao correo electrónico concursofotografia@concellodeares.com.

As modalidades do certame son, en primeiro lugar, de 8 a 12 anos (categoría A) e unha segunda categoría para as idades comprendidas entres os 13 e os 18 anos (categoría B). Todos eles deberán estar empadroados en Ares ou ser alumnos do CPI As Mirandas.

Coa convocatoria preténdese convidar á xuventude a ollar na súa contorna aresá como contexto para recoñecer a súa herdanza, a través de imaxes, despertando a capacidade  de observar todo o que lles rodea e recoñecerse en pequeñas historias e/ou paisaxes que dean conta do seu vencellamento coa memoria colectiva do pobo de Ares. En concreto, convídase aos participantes a fotografiar espazos, lugares, obxectos, actos e situacións da súa contorna que consideren parte da súa identidade.

As fotografías enviadas ao correo electrónico deberán ter formato JPEG ou JPG, cun tamaño de 6 a 12 megapíxeles.

No mesmo correo, os participantes terán que achegar obrigatoriamente os formularios de participación e de identificación das fotografías cubertos e asinados que se poderán descargar na páxina web do Concello www.concellodeares.gal .

No caso de que nas fotografías aparezan terceiras persoas deberán achegar tamén escaneada a autorización de imaxe asinada por elas.

Así mesmo, as bases do concurso establecen que non serán admitidas imaxes obtidas mediante fotocomposición nin manipulación dixital, nin aquelas que conteñan imaxes violentas ou degradantes para individuos ou organizacións.

As fotografías deberán ser orixinais, non publicadas nin presentadas a ningún concurso con anterioridade.

Segundo informou a Concellaría de Cultura, o xurado seleccionará un total de seis fotos (tres por cada categoría) atendendo a criterios de seguimento das bases, creatividade e orixinalidade da obra.

As fotografías gañadoras do certame pasarán a formar parte do calendario do Concello para o ano 2024, identificando o nome dos autores. Ademais, os gañadores recibirán un agasallo específico de cada categoría (unha cámara de fotos ou tablet e un lote de libros).

BASES E FORMULARIOS DE INSCRICIÓN: 

VII EDICIÓN DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña