A Concellaría de Benestar organiza unha excursión até Portugal para a veciñanza

Comparte esta nota de prensa

O sábado, 15 de xuño, os e as aresáns poderán visitar Valença do Miño, Vila Nova de Cerveira e Fortaleza por un prezo de 30 euros que xa inclúe o xantar e o servizo de autobús.

As inscricións para empadroados/as abren hoxe, 8 de maio, até o 16 deste mesmo mes, a partir do cal se habilitará o proceso para que se inscriban os non empadroados/as.

O Concello de Ares, a través da súa área de Benestar e Igualdade, programa unha saída para visitar varias localidades portuguesas: Valença do Miño, Vila Nova de Cerveira e Fortaleza, facilitando o desprazamento en autobús tanto de ida e volta, xunto co xantar.

Constitúese como unha oportunidade perfecta para achegarse ás vilas lusas que fan fronteira co territorio galego; municipios marcados pola súa tranquilidade, mais tamén por coidados cascos históricos, a súa arquitectura militar e as vistas espectaculares do río Miño. O viño verde, o bacallau e as súas tendas de tecidos cobran tamén importancia no desfrute como turistas, sempre percorrendo pintorescas rúas de pedra.

A excursión do Concello partirá dun prezo de 30 euros e realizarase durante o sábado, 15 de xuño, con dous buses lanzadeira dende Cervás e dende a Porta do Sol. Contémplase marchar ás 8:00 h da mañá de Ares e saír dende Portugal ás 19:00 horas.

INSCRICIÓNS ABERTAS

Xusto hoxe, 8 de maio, a área de Benestar abre as inscricións de forma presencial no Departamento de Servizos Sociais, sito na Praza da Constitución de Ares. Os empadroados poderán facelo até o 16 de maio, data na que se abrirá asimesmo o período para que se inscriban os non empadroados.

Poden achegarse até o Departamento de Servizos Sociais de luns a venres, de 8:00 h. a 14:30 h., e formalizar alí a inscrición ata o 7 de xuño. Para máis información, habilitouse o número de teléfono 981 448 354.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña