O evento tivo lugar no CIRS de Cervás o pasado venres, coa colaboración da concellaría de Cultura de Ares e a Rede Cultural de Deputación. Durante o espectáculo, o ambiente lúdico e divertido fixo que os nenos e nenas bailasen sen inhibicións, acompañando coa voz, palmas ou acenos.
O concerto converteuse nunha festa moi especial, onde os máis pequenos foron os protagonistas e a música, o humor e a tradición crearon unha experiencia do máis cantareira para todos os presentes!