Os gañadores nas respectivas modalidades foron Valeria Villares Otero con “A nena pantasma” e Leo de Navas Rodríguez con “A vida soñada”. Ambos recibiron o premio dunha tablet/ebook.
Tamén recibiron premios os segundos clasificados de cada categoría, neste caso un lote de libros. Así, Elia Toribio García con “A praia”, quedou finalista na modalidade “Primaria”; e Lucas Varela Rodríguez con “Rosalía, miña vida” recibiu o segundo premio na categoría de “ESO”.
Ademais, houbo mencións especiais en cada categoría, que recibiron un diploma acreditativo. No caso da categoría de “Primaria” a mención foi para Hugo Martínez Cereijo con “A casa queimada”; e Larraitz Aranaga Carrasco con “A primeira man que sostivo a miña” na modalidade de “ESO”.
A concelleira de Cultura, Alma Barrón, agradeceu ao CPI As Mirandas a súa implicación en renovar a colaboración coa organización deste certame “que busca fomentar o interese da mocidade pola literatura», dando a noraboa a todos os participantes e resaltando a calidade das obras presentadas.
Na valoración dos traballos os criterios do xurado foron, entre outros, a creatividade e orixinalidade da temática, a claridade da mensaxe e da estrutura, o ritmo xeral da historia ou os trazos estilísticos na escrita.
O xurado extivo composto por Rosa Arnoso, profesora do CPI As Mirandas; Ariana Pena, especialista en pedagoxía terapéutica no CPI As Mirandas e Alma Barrón, edil de Cultura da localidade, ademais de Yolanda Castro, responsable do departamento de normalización linguística do CPI As Mirandas, en calidade de secretaria.