Centros e escolas deportivas
Pavillón e Campo de fútbol
Escolas deportivas
Pavillón e Campo de fútbol
PAVILLÓN DEPORTIVO MUNICIPAL DE ARES
Camiño de Maciñeiras, s/n. 15624 ARES.
Instalación deportiva ubicada en pleno casco de Ares, na zona do colexio da vila. É unha infraestrutura que dispón dos seguintes servizos:
- Pista polideportiva de parquet industrial, no baixo, na que se poden practicar os deportes que seguen en base ao equipamento dispoñibel: fútbol sala, balonmán, baloncesto, minibaloncesto, tenis e voléibol.
- Ximnasio de cardiofitness, no primeiro andar, dotada de máquinas de exercicio tales como cintas de correr, bicicletas estáticas, elípticas, multiestacións, bancos de musculación, steps, mancuernas e espaldeiras. Tamén conta con fío musical.
- Sala de usos múltiples, no primeiro andar, dotada de espellos, utilizada para desenvolver actividades de danza, ximnasias, aeróbic, etc. Dispón de fío musical e equipo de música.
- Sala de spinning, no primeiro andar, con bicicletas para a práctica desta actividade e equipo de música.
- Vestiarios no baixo adaptados a persoas con discapacidade. Catro son de equipo, con capacidade para 12 usuarios/as, e ademais hai un exclusivo para persoas con discapacidade e outro para árbitros/monitores. Todos están calefactados e dispoñen no seu interior de duchas, lavabos e WC.
- Taquillas, no baixo, con chave, que permiten depositar as pertenzas de forma individual namentres se realiza o exercicio físico.
CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL PRADOS VELLOS
Prados Vellos, s/n. 15624 ARES
Instalación deportiva recentemente construída sobre o antigo campo de fútbol da Sociedade Deportiva e Recreativa Numancia de Ares, que tras a cesión do terreo de xogo permitíu a creación do campo de fútbol municipal de herba sintética. Atópase situado preto do centro da vila, a escasos 300m do casco urbán. Dispón dos equipamentos que seguen:
- Terreo de xogo de céspede artificial, de 97 m. de largo por 62 m, de ancho, no sentido principal e dous campos de fútbol-7 no sentido transversal, de dimensións aproximadas de 62 m. de largo por 40 m. de ancho, cone quipamentos deportivos regulamentarios: banquiños, bandeirolas, porterías de fútbol 11 e fútbol 7.
- Dispón de dous vestiarios con capacidade para 20 xogadores cada un, con duchas e servizos.
- Dispón de catro torretas de iluminación.
Escolas deportivas