Ares contra o cancro de mama

Comparte esta nota de prensa

Durante estes últimos días, e tamén ao longo de toda a fin de semana, a casa consistorial de Ares conta cunha nova iluminación sobre a súa fachada, un xesto simbólico para conmemorar o Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama que se celebra cada 19 de outubro.

O Concello súmase así á xornada para reivindicar mellores procesos de detección temperán, máis recursos na formulación de diagnósticos e máis apoio á investigación desta doenza.  E tamen supón unha mostra de solidariedade coas persoas que o padecen e están no proceso de vencelo.

Fotografía: Macamen Juan

Pódeche interesar