O próximo xoves, 9 de maio, ás 18:30 horas, a rapazada de entre 7 a 12 anos enfrontarase a todo un reto: escapar da Biblioteca Municipal de Ares seguindo un percorrido de pistas e rescatar aos compañeiros e compañeiras que fiquen atrás.
A Alianza Aresana converterase así no escenario dunha particular scape room que bebe do libro de Antía Yáñez ‘Plan de rescate’, unha aventura literaria con desaparicións, xuramentos e moito misterio.
Esta proposta da Concellaría de Cultura inscríbese dentro do programa ‘Ler conta moito’.